Posts Tagged ‘Séchu Sende’

Ese gran libro

Luns, Decembro 8th, 2008

Transcripción literal para non deixar os ollos na -cutrísima- foto:

¡VIVE LENDO!
O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA EN COLABORACIÓN CON FEREGA.
Propón a todos os profesores e profesoras do Colexio a participación como xurado de
“I PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO”
Son tres obras do ano 2007 que temos que valorar de 1 ata 10.
No colexio mercamos tres exemplares de cada para compartir as distintas lecturas. Se está no noso ánimo queríamos facer un CLUB DE LECTURA e CONTACONTOS cos compañeiros e compañeiras que o desexen.

Valoración do profesor/a: _____

1. MADE EN GALICIA. Séchu Sende. Ed. Galaxia.
2. CASE PERFECTO. Marina Mayoral. Ed. Xerais.
3. ASÍ NACEN AS BALEAS. Anxos Sumai. Ed. Galaxia.

Made en Galicia, un libro descoñecido se non fora porque podemos ver que a autoría recae en Séchu Sende, e automaticamente pensamos en “Made in Galiza“, o mellor libro do 2007 (segundo a Asociación Galega de Editores). Obviemos que é unha errata, e encaremos a situación: aínda existe xente que prefire mutilar unha obra literaria de renome a aceptar unha das dúas denominacións propias do país. Sorprende, e para peor, que este xesto proveña dunha equipa de normalización lingüística. Pregúntome, que capacidade de implicación teñen os responsables de normalizar a lingua galega? Por este erro, que presumo totalmente consciente, polo uso das maiúsculas indiscriminadamente… son xente coma esta os técnicos que van educar aos rapaces?.

Ben, pode ser unha errata inconsciente, pode ser un feito illado.

Non o é.

Buscando en Google Made in Galicia” Séchu Sende só na primeira páxina de resultados xa atopamos varios exemplos co mesmo erro: en axendas, en xornais (en La Opinión e La voz), e casos máis sangrantes coma no Centro de Documentación Sociolingüistica de Galicia, A Escola Oficial de Idiomas de Compostela, e incluso, na propia Asociación Galega de Editores, esa que premiou Made in Galiza coma o mellor libro do 2007.

Non é grave, pero é unha circunstancia que nos axuda a crear un baremo de cómo está a sociedade galega a nivel de normalización. O auto-odio sigue gañando a batalla.