cultura – Estercolaria http://estercolaria.blogaliza.org Eu tamén actualizo cando me peta Sat, 09 Feb 2013 11:06:06 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Xurado twitteiro do Cineuropa http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/#comments Mon, 07 Dec 2009 16:17:41 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=327 Esta lista é o que sae de xuntar todos os tweets baixo o tag cineuropa que se ían poñendo durante o festival. Saen por aquí Tawil, ifrit, carapucha, dani_elo máis un servidor. A nota media á dereita. Nótese como varía respecto á votación oficial do Cineuropa.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/feed/ 1
A web que debería salvar os bens do país http://estercolaria.blogaliza.org/2009/03/10/a-web-que-deberia-salvar-os-bens-do-pais/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/03/10/a-web-que-deberia-salvar-os-bens-do-pais/#comments Tue, 10 Mar 2009 21:41:56 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=259 E ben que digo debería, porque patrimonio.org é o derradeiro testemuño que nos deixa a Consellería de Cultura e Deporte antes de que chegue o dono da Feijoneta e tire con todo abaixo; se aínda foran espelidos deberan ver que é un traballo moi bo e convén/convenlles mantelo en pé.

O que é Patrimonio.org? Pois como se presentan eles mesmos: a plataforma que reúne os recursos na Rede sobre patrimonio cultural galego. A web conta con información práctica e de actualidade, fotos, vídeos, lexislación, rutas e un buscador de elementos patrimoniais.”

Castro de San Cibrao de Las

A panacea. Porque como usuario podo acceder á catalogación dun número de bens que -esperemos- aumentará segundo se estabilice a páxina, coñecendo de cada un deles os seus valores históricos e artísticos, graos de protección e outros detalles. Todo dende unha ficha moi ben coidada esteticamente que se complementa con fotografías e unha localización no plano (Google Maps). Esta situación xeográfica é do máis útil que ao meu parecer pode ofrecer este invento, simplemente porque facilita o acceso aos bens, que se ben moitos deles son doados de atopar -caso das grandes cidades ou enclaves significativos coma o mosteiro de Armenteira ou os petróglifos de Campolameiro– hai outros que non están tan ben “comunicados” -por exemplo esta ponte de Bibei-; neste sentido vai a miña grande esperanza deste proxecto, como divulgador dos tesouros do noso país que non son tan coñecidos ou visitados.

Ademáis das fichas, o outro compoñente da web que máis chama a atención é a sección de rutas: propostas de diferentes percorridos por varias comarcas galegas para coñecer o máis significativo do seu patrimonio. Por exemplo: temos o percorrido “Do Deza ao Ulla“, que nos vai indicando dende a saída en Silleda, o camiño a seguir para topar con San Pedro de Ansemil, San Lourenzo de Carboeiro, o Pazo de Oca, e entre 1-3 paradas máis. Ademáis, estas rutas pódense descargar dende a web en formato *.pdf, ou para o GPS. O resultado que temos é un roteiro cultural que podemos preparar dende as nosas casas, complementándoo con outra información que atopamos na propia páxina, para un día de lecer cos amigos polo país adiante.

Ademáis, en patrimonio.org:

·Envío das imaxes da web coma se foran postais.

·Un buscador que permite localizar os elementos do noso patrimonio cultural atendendo a criterios diversos: área xeográfica, comarca e concello no que se atopan, tipo de ben, datación, estilo ou grao de protección.

·Unha sección de novas da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, así como unha axenda de actividades, e os avisos e convocatorias relacionadas co patrimonio cultural.

·Consulta da lexislación galega sobre patrimonio.

·Un apartado didáctico para escolares, que inclúe unidades de aprendizaxe para todos os niveis educativos, que son descargables da páxina, o que pode servir aos mestres para usalos nas súas actividades.

·Un formulario de contacto para a participación cidadá  e a denuncia para informar sobre accións contra o patrimonio.

O único malo que lle vexo é primeiro, a escaseza de patrimonio que leva catalogado -122 bens- que debería ser esaxeradamente maior, e segundo, que a sindicación RSS ás novas e avisos non funciona (ou polo menos eu non consigo suscribirme dende Google Reader) Solucionado!. Tanto unha coma outra cousa agardo que se amañen axiña.

Pódeseme culpar sen medo de facerlle publicidade descarada á páxina, pero non está de máis demostrar as cousas que entusiasman a un. É de todos sabido que o coñecemento e divulgación do patrimonio cultural neste país é un asunto que temos pendente, pero aquí temos esta ferramenta, a última bala da consellería do BNG, que debe erixirse como punto de referencia na rede para remediar ese mal. A boa xestión do noso patrimonio é un paso intermedio obrigado para a correcta conservación de todo o que herdamos do pasado e que nos marca como pobo.

Sigo a fedellar…

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/03/10/a-web-que-deberia-salvar-os-bens-do-pais/feed/ 5