Posts Tagged ‘compostela’

Primeiras novas sobre Cineuropa ’08

Luns, Outubro 20th, 2008

E non parece que lle afectara moito a perda da subvención por presentar a solicitude fóra de plazo.

As primeiras novas que temos sobre o festival deste ano (e van 22) fálannos dun festival para convertir Compostela na capital do cine independente, social e de autor. O festival comeza o luns 3 de novembro cunha proxeción especial de La Buena Nueva de Helena Taberna (Yoyes) que vai dun sacerdote socialista no momento da Guerra Civil. O día seguinte, martes 2 de novembro, comeza a Sección Oficial: contando co filme vasco anterior, coñécense 11 das obras que poderemos ver no festival: comezando por A noite que deixou de chover (Luis Tosar, Mercedes Sampietro), rodado íntegramente en Compostela, e onde a cidade colle protagonismo. Entre les Murs, de Laurent Cantet, palma de Oro en Cannes. O filme basado na obra de Saramago Ensayo sobre la Ceguera, de Fernando Meirelles (Cidade de Deus). Still Walking, de Kore-eda, un drama familiar que “flúe coma o veleno”. A curiosísima JCVD, belga, onde Jean Claude Van Damme ironiza sobre a súa vida nun bio-pic. Tamén: Gomorra e Las Horas del Verano. As outras tres participantes son iberoamericanas e teñen boa pinta: o documentario mexicano Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo, a colombiana Perro Come Perro, e a arxentina Leonera, un drama que nos introduce no mundo carcelario.

O director seguido este ano vai ser o francés Olivier Assayas, ao cal só coñezo do filme Paris, Je T’aime e que aínda non atopei cal era a súa curta dentro dela. Nos vindeiros días, o festival dará a coñecer a totalidade do programa e a identidade do Premio Cineuropa desta XXII edición.

Agardaremos.

Mini-bag pipes are not allowed

Domingo, Marzo 23rd, 2008

Minigaitas fóra da Galiza!Visto nunha tenda da rúa Nova (tamén pode ser na rúa do Villar, xa non me lembro), facendo norma do que todos pensamos: as putas minigaitas non fan máis que tocar o carallo! Minigaitas fóra do país! Condenado sub-produto da industria turística! (Foto cedida polo amigo Jacobe)

“Bésame mucho…”

Venres, Decembro 21st, 2007

Igual somos nós que no fondo somos uns berracos, pero esta é unha mostra do estado actual do xornalismo na súa inmensa magnitude: a auxe do xornalismo amarelo (neste caso amarelo e morboso). Velaquí a portada do Galicia Hoxe que vimos a día 21 de setembro (hoxe) na sede do xornal El Correo Gallego na zona histórica de Compostela:


Pé de foto: “Xestión conxunta. Aperta da conselleira Teresa Táboas coa ministra Carme Chacón, onte, en Madrid, tras a firma do contrato.

Desenfoquei algo as novas para que centrasedes a vista no chascarrillo xornalístico que vén sendo esa foto, a medio camiño entre un protocolo político ou un filme erótico femenino. Pero se parece que se van comer a boca! Que pensará disto a Igrexa?