compostela – Estercolaria http://estercolaria.blogaliza.org Eu tamén actualizo cando me peta Sat, 09 Feb 2013 11:06:06 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Xurado twitteiro do Cineuropa http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/#comments Mon, 07 Dec 2009 16:17:41 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=327 Esta lista é o que sae de xuntar todos os tweets baixo o tag cineuropa que se ían poñendo durante o festival. Saen por aquí Tawil, ifrit, carapucha, dani_elo máis un servidor. A nota media á dereita. Nótese como varía respecto á votación oficial do Cineuropa.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/feed/ 1
Cineuropa 15/160 http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/#comments Mon, 02 Nov 2009 21:04:24 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=311 Basicamente trátase de facer un exercicio de escoller 15 filmes que me parezan salientables do festival Cineuropa deste ano e que teña pensado ir ver. Probablemente esta anotación perda todo sentido unha vez pasado o festival, cando queda claro que os filmes destacables moitas veces saen dos descoñecidos. Ou non, xa se verá.

Indo por partes e comezando pola máis importante, a Sección Oficial:

Kynodontas

Das Weisse Band – Michael Haneke (Austria): porque gañou a Palme d’Or do festival de Cannes. Punto.

Kynodontas G. Lanthimos (Grecia): porque saíu ben parada de Cannes. Pero máis porque din dela que é un filme con argumento un tanto estraño, cun pai que enclaustra aos fillos na casa sen contacto exterior, e que resolve dun xeito algo problemático o tema do espertar sexual adolescente. Catro palabras: sexo, criada, Rocky, incesto.

Aquele Querido Mês de Agosto – Miguel Gomes (Portugal): só polo ben que fala Pawley dela.

Tres Díes Amb la FamíliaMar Coll (Catalunya): porque é unha da sección Novísimos dentro da oficial, porque é un relato de costumes e porque sempre está ben descubrir a unha directora cando comeza. Ademáis ten boa crítica, vaia iso por diante.

Elevator – G. Dorobantu, e Pescuit SportivAdrian Sitaru (Romanía): por situación, neste ano no que non hai presenza de cinema italiano nin escandinavo (salvando unha norueguesa) algo haberá que preocuparse polo cinema emerxente europeu sen ser UK e Francia, e aquí está Romanía, que nestes tempos está facendo cousas moi boas, filmes dos que se fala bastante e moito. Estas dúas pezas veñen avaladas con premios polos catro costados.

Na sección Panorama Internacional, 3 filmiños:

Mal Día para PescarÁlvaro Brechner (Uruguai): dous buscavidas e cambios bruscos no relato dos acontecementos. Comedia e drama. Ninguén fala mal dela, e vén de Uruguai, que é un sitio que trouxo cousas boas ao Cineuropa, sempre cun presuposto baixiño, o que sube o mérito.

Frozen River – Courtney Hunt (USA): desta falo con coñecemento, que xa a teño visto. Do bo que podes esperar da escea independente americana, conflito familiar, tensión e problemática social, ben contado e ben tratado, a protagonista ten un papelón. Ademáis vén avalada polo festival de Sundance, así que ten xustificación abonda.

50 Dead Man WalkingKari Skogland (UK): porque os filmes que tratan os conflitos políticos de Irlanda, por defecto son todos ben feitos, cousa que non se ve aquí coa Guerra Civil, que temos filmes a patadas que son cartos gastados. Logo dos puntos de vista de Michael Collins, En el Nombre del Padre, Bloody Sunday ou Omagh, aquí dase vida á biografía de Martin McGartland, un confidente británico que cumple a súa función ata que finalmente pasa a vida agochado fuxindo do IRA, que descubre a súa identidade.

Da sección Mundo Asia, a que mellores xoias me ten presentado:

Ddongpari (Breathless) – Yang Ik-June (Corea do Sul): un drama, unha historia da violencia. Un gángster criado en pura violencia reacciona agresivamente á sociedade que o rodea. Logo aparece unha rapaza que ten a brutalidade da súa familia gravada tamén nas costas e que é quen de entenderse co prota. E finalmente o irmán da rapaza entra no grupo mafioso do primeiro, e temos armado o filme. Non teño nada máis desta peza se non é por un palmarés amplo de festivais, pero eu espero atopar algo semellante e Chan-wook Park (Old-Boy, Sympathy for Lady Vengeance).

Tôkyô SonataKiyoshi Kurosawa (Xapón): un retrato de familia. O pai perde o traballo e ocúltao, o fillo maior apenas pisa a casa, o menor toma clases de piano ás agochadas -e dáselle ben-, e a nai non sabe como tirar para adiante. Os medios os xustos e o ensinado o necesario. O Claro de Luna de Debussy, o clímax.

A Love ExposureSion Sono (Xapón): algo ten que ter unha comedia cun argumento aparentemente xuvenil e cunha duración de 237 minutos (cousa que normalmente é un punto en contra a non ser que te chames Bergman e fagas Fanny & Alexander) para que teña tal número de boas críticas coma as que lin desta peza. En proporción, demasiadas, intrígame de veras.

Das outras seccións só recollo un filme da Conexión Buenos Aires, outro do ciclo de Takeshi Kitano e outro da Fantastique:

Synecdoche, New York – Charlie Kaufman (USA): o prota fai unha réplica de NYC a tamaño real nun almacén, ten que se un tipo curioso. Teatro. E se nas descricións que fan do filme inclúen referencia a Escher, queda todo dito.

Achilles to kame (Aquiles e a tartaruga) – Takeshi Kitano (Xapón): eternamente coñecido por ser o director de Humor Amarillo, Kitano é un xenio polifacético infravalorado no seu Xapón e non cansa de representalo nos seus filmes. Aquí: témolo nos ollo dun artista mediocre que nos ensina as glorias, absurcedes, frivolidades e mentiras do mundo da arte. A moralexa reafirmada dende o comezo é que cada un ten que persistir no que lle gusta, aínda que non sexa aclamado polos entendidos.

La NanaSebastián Silva (Chile) – filme gañador do premio do xurado World Cinema do festival de Sundance. Punto.

Esta lista de 15/160 non ten que coincidir -raro que o fixera- coa de ninguén, é a miña forma de deixar constancia do que penso antes do festival para logo comentar o que penso despois do festival e observar cambios. Cambios que espero que haxa, porque senón sería unha perda de tempo asistir ao Cineuropa. E a escudriñar o programa, que ha de haber algunhas incompatibilidades horarias, e moi probablemente deixe de ver algunhas destas -a priori-. Máis cousas: o ciclo adicado aos Beatles ten tamén moi boa pinta, pero non o considerei aquí, por non ser filmes actuais; tampouco a Noite Crebinsky ou o Concerto da sala Capitol: quedan como complementos xeitosos. Sobre todo: os dous filmes adicados a Ryuichi Sakamoto, un home que che cambia un filme só coa súa música. E a maratón, polos filmes que poñen este ano, extrapolo que o tema é o terror, pero con matices, que aí vai estar Antichrist de Lars von Trier ou un filme que choca só polo título: Lesbian Vampire Killers.

Vémonos nas salas.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/feed/ 7
Anecdótica http://estercolaria.blogaliza.org/2009/05/14/anecdotica/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/05/14/anecdotica/#comments Thu, 14 May 2009 13:09:52 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=275 Teño que apuntar para non esquecer, e faise moi longo para explicalo no twitter. Cine, España, últimos anos do franquismo, período 1969-1973 cun xiro do réxime a un ultraconservadurismo que se aplica á censura no cinema, esténdense as ‘dobles versións’ (dúas versións dun mesmo filme, un enteiro e outro censurando todo o impúdico e o que atente aos valores da Nación, a versión censurada era para consumo interior, e a outra para exhibir no estranxeiro). Ata aí o contexto.

Pois é aquí que hai, no 1971, un filme de Rafael Moreno Alba chamado Las Melancólicas, un filme non precisamente de calidade que vai dun psiquiátrico femenino no séc. XIX. Conflito: na rodaxe hai espidos. Bastantes. Que fan no departamento estatal de cinema? Pois facer a doble versión: un filme cos espidos para mandar a USA, Canadá e Francia, e outro con todos os espidos desaparecidos (coma a pitada ao himno de España na TVE na final da Copa de El-Rey).

Agora: a desaparecida compostelana Sala Yago adquire unha copia do filme para a súa exhibición, poñamos que un 15 de maio, por exemplo. Todo normal.

Poñamos que o réxime, na súa torpeza, envía a varias salas do estado as copias non censuradas de Las Melancólicas. Entre elas a Sala Yago. Os asistentes, a pesar de ser o filme un pedrolo, quedan incriblemente satisfeitos coa proxección (recordemos que nesta época e nesta parte do mundo non se ensinaba máis alá do xeonllo: ver a varias tolas espidas e meneándose freneticamente era… cando menos impresionante).

Se a estrea foi o 15, o día 17 vai ao cine toda a comarca de Compostela e arredores. En masa. Ala.

O día 18 flétanse autobuses dende toda GZ para ir á Sala Yago de Compostela ver o filme.

En días consecutivos comeza a vir xente de Zamora, Asturias (máis alá do telón de grelos, vaia). Os xornais fanse eco de que Compostela sofre unha chegada de ‘pelegríns’ de proporcións históricas, ateigando a cidade. Todo por tetas.

E ata aí o conto. Non sei máis, hei mirar de informarme. Se algún de vós, picheleiro, ten entre 50-60 anos e se enterou de tal cousa, ou de fóra, ou coñece alguén, que me avise, que quero saber máis disto.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/05/14/anecdotica/feed/ 3
Primeiras novas sobre Cineuropa ’08 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/10/20/primeiras-novas-sobre-cineuropa-08/ Mon, 20 Oct 2008 12:50:37 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=67 E non parece que lle afectara moito a perda da subvención por presentar a solicitude fóra de plazo.

As primeiras novas que temos sobre o festival deste ano (e van 22) fálannos dun festival para convertir Compostela na capital do cine independente, social e de autor. O festival comeza o luns 3 de novembro cunha proxeción especial de La Buena Nueva de Helena Taberna (Yoyes) que vai dun sacerdote socialista no momento da Guerra Civil. O día seguinte, martes 2 de novembro, comeza a Sección Oficial: contando co filme vasco anterior, coñécense 11 das obras que poderemos ver no festival: comezando por A noite que deixou de chover (Luis Tosar, Mercedes Sampietro), rodado íntegramente en Compostela, e onde a cidade colle protagonismo. Entre les Murs, de Laurent Cantet, palma de Oro en Cannes. O filme basado na obra de Saramago Ensayo sobre la Ceguera, de Fernando Meirelles (Cidade de Deus). Still Walking, de Kore-eda, un drama familiar que “flúe coma o veleno”. A curiosísima JCVD, belga, onde Jean Claude Van Damme ironiza sobre a súa vida nun bio-pic. Tamén: Gomorra e Las Horas del Verano. As outras tres participantes son iberoamericanas e teñen boa pinta: o documentario mexicano Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo, a colombiana Perro Come Perro, e a arxentina Leonera, un drama que nos introduce no mundo carcelario.

O director seguido este ano vai ser o francés Olivier Assayas, ao cal só coñezo do filme Paris, Je T’aime e que aínda non atopei cal era a súa curta dentro dela. Nos vindeiros días, o festival dará a coñecer a totalidade do programa e a identidade do Premio Cineuropa desta XXII edición.

Agardaremos.

]]>
Mini-bag pipes are not allowed http://estercolaria.blogaliza.org/2008/03/23/mini-bag-pipes-are-not-allowed/ http://estercolaria.blogaliza.org/2008/03/23/mini-bag-pipes-are-not-allowed/#comments Sun, 23 Mar 2008 17:51:18 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/03/23/mini-bag-pipes-are-not-allowed/ Minigaitas fóra da Galiza!Visto nunha tenda da rúa Nova (tamén pode ser na rúa do Villar, xa non me lembro), facendo norma do que todos pensamos: as putas minigaitas non fan máis que tocar o carallo! Minigaitas fóra do país! Condenado sub-produto da industria turística! (Foto cedida polo amigo Jacobe)

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2008/03/23/mini-bag-pipes-are-not-allowed/feed/ 3
“Bésame mucho…” http://estercolaria.blogaliza.org/2007/12/21/11-2/ Fri, 21 Dec 2007 19:19:39 +0000 http://chascarrilloindiscriminado.blogaliza.org/2007/12/21/11/ Igual somos nós que no fondo somos uns berracos, pero esta é unha mostra do estado actual do xornalismo na súa inmensa magnitude: a auxe do xornalismo amarelo (neste caso amarelo e morboso). Velaquí a portada do Galicia Hoxe que vimos a día 21 de setembro (hoxe) na sede do xornal El Correo Gallego na zona histórica de Compostela:


Pé de foto: “Xestión conxunta. Aperta da conselleira Teresa Táboas coa ministra Carme Chacón, onte, en Madrid, tras a firma do contrato.

Desenfoquei algo as novas para que centrasedes a vista no chascarrillo xornalístico que vén sendo esa foto, a medio camiño entre un protocolo político ou un filme erótico femenino. Pero se parece que se van comer a boca! Que pensará disto a Igrexa?

]]>
O meu Cineuropa http://estercolaria.blogaliza.org/2007/12/17/o-meu-cineuropa/ Mon, 17 Dec 2007 19:54:33 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2007/12/17/o-meu-cineuropa/ Cineuropa 2007 Gustoume o festival deste ano, moito, dende logo é unha oportunidade única de ver filmes independentes por un prezo mínimo (2 euros cos bonos), lonxe dos cines, que eu non piso dende Alatriste (malaaa…). En fin, moi recomendable. E estes foron os filmes que vin este ano:

La Flauta Mágica, Kenneth Branagh: o remake da ópera de Mozart, non é máis ca iso, non che conta nada novo ao vela, non ten maxia, os efectos especiais son dignos, e grazas. Unha peli boa se non sabes a historia ou se es músico de cámara. Agradezo a Julia e Patriza que me acompañaran a vela no CGAC. Veredicto: ni fu ni fa 😐

La Zona, Rodrigo Plá: ésta é boa, un intento de roubo e unha cacería aos ladróns, unha dramatización (ou non) da actual separación existente hoxe entre pobres e ricos. Unha escea final que non deixa frío a ninguén. 🙂

Made in Jamaica: un coñazo, entrei coa idea de ver un documental sobre a evolución do reggae en Jamaica ata hoxe, e decateime mentres a vía que reggaeton comeza por ´reggae´. E fun só. 🙁

Buda explotó por vergüenza, Hana Makhmalbaf: Unha xoia, e moi agradable: unha nena pequena que quere ir á escola e outros nenos (imitando a americanos e talibáns) impídenllo… Non deixa de ser graciosa por momentos e a frase final deixoume de pedra… -D

The Fall, Tarsem Singh: Un filme indio ambientado en USA nos ´20, un especialista de Hollywood e unha rapaciña á que lle conta historias. Xénero fantástico, unha gran historia. 😉

Lady Chatterley , Pascale Ferran: drama romántico, unha dona, un xardineiro, un paralítico e erotismo, recoméndolla a xente de 40 anos. Agradecementos a Jacobe por vir vela comigo. 😛

Las aventuras amorosas del joven Molière, Laurent Tirard: co protagonista de Una Casa de Locos e Las Muñecas Rusas. Divertidísima, e non digo máis. Agradecementos a Pereira, que tamén gustou do filme -D

4 meses, 3 semanas y 2 días, (Romania): ai que te sintas fatal, e gratuitamente, non compensa porque non che conta nada. Recoméndolla a universitarias embarazadas que queiran abortar. Grazas a Pereira e Héctor. 😡

Al otro lado, Faith Akin: a min non me gustou nada, conexións moi pilladas de historias paralelas sen unha historia concreta que chame a atención, moi ao estilo de todos aqueles que desfrutástedes con Babel, eu ódioa. Por certo, este filme gañou o premio do público do Cineuropa, qué se lle vai facer… Agradecementos a Jacobe e Pat 🙁

La boda de Tuya, (China): déixase ver e ten unha historia, non coma a anterior. Agradecementos a Julia e Tomé. 😉

El paraíso de Hafner, (Austria): biopic sobre un nazista convencido en pleno centro de Madrid, sorprendente. Impagable a foto enmarcada de Esperanza Aguirre. -D

El caso Litvinenko, (Rusia): documental que fala sen reparos dos posibles culpables da morte do axente ruso e do podre que está o poder executivo no país. O mellor, os créditos: tanta cruceciña que indicaba ás persoas mortas que aparecían no filme… -D

El baño del Papa, (Uruguai): unha xoia descoñecida, e certo guiño a Bienvenido Mr. Marshall. Agradecementos a Pereira. 🙄

My Blueberry Nights, Wong Kar-Wai: preciosa apoloxía do amor e preciosa banda sonora, pero non me gustou, porque aseméllase a In the Mood for Love, do mesmo director coreano, coa diferenza de que a primeira está feita en USA e con actores de alí, coma Natalie Portman. Agradecementos a Alís e Pereira, que sufrimos o noso no ghaliñeiro do Teatro Principal, moi incómodo. 🙁

Interview, Steve Buscemi (o mítico Steve Buscemi con Sienna Miller): unha evolución constante nun espazo e tempo mínimos, para min moi interesante. Grazas a Jacobe, Alís e Patriza. 😀

E xa está… non puiden ver máis… a maratón resérvoma para min. A agardar ata o ano que vén, e a ver se alguén máis se apunta (aquí podería poñer un guiño a Chema que di que “as peliculas que poñen aí teñen que ser un coñazo”, hai que ver o que pode a ignorancia…). Apertas agarimosas, meus.

]]>
Á hora de verter ouriños mira onde te metes http://estercolaria.blogaliza.org/2007/12/16/a-hora-de-verquer-ourinos-coidate-de-onde-te-metes/ http://estercolaria.blogaliza.org/2007/12/16/a-hora-de-verquer-ourinos-coidate-de-onde-te-metes/#comments Sun, 16 Dec 2007 16:20:23 +0000 http://chascarrilloindiscriminado.blogaliza.org/2007/12/16/a-hora-de-verquer-ourinos-coidate-de-onde-te-metes/ Sempre gusto de queixarme aforosamente dos servizos dos bares se non teñen unha iconografía clara para diferenzar os sexos, (por exemplo o Garigolo en Santiago, que cun Sol e unha Lúa téste que parar a pensar qué astro é o feminino mentres ti mexas por riba) se é que son mois graciosos, eles…

A porca e o parafuso!

“Quen quere entrar no baño da porca?!” 😀

Hainos máis pillabáns, que todos sabemos cal é o segundo uso prefirido dos baños:

Guarraaaaaaa!

Erro: xuntarse no baño dos homes… que nunca está limpo.

E só é unha pequena mostra de todo o que podedes atopar por aí adiante

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2007/12/16/a-hora-de-verquer-ourinos-coidate-de-onde-te-metes/feed/ 1