Posts Tagged ‘cineuropa’

Primeiras novas sobre Cineuropa ’08

Luns, Outubro 20th, 2008

E non parece que lle afectara moito a perda da subvención por presentar a solicitude fóra de plazo.

As primeiras novas que temos sobre o festival deste ano (e van 22) fálannos dun festival para convertir Compostela na capital do cine independente, social e de autor. O festival comeza o luns 3 de novembro cunha proxeción especial de La Buena Nueva de Helena Taberna (Yoyes) que vai dun sacerdote socialista no momento da Guerra Civil. O día seguinte, martes 2 de novembro, comeza a Sección Oficial: contando co filme vasco anterior, coñécense 11 das obras que poderemos ver no festival: comezando por A noite que deixou de chover (Luis Tosar, Mercedes Sampietro), rodado íntegramente en Compostela, e onde a cidade colle protagonismo. Entre les Murs, de Laurent Cantet, palma de Oro en Cannes. O filme basado na obra de Saramago Ensayo sobre la Ceguera, de Fernando Meirelles (Cidade de Deus). Still Walking, de Kore-eda, un drama familiar que “flúe coma o veleno”. A curiosísima JCVD, belga, onde Jean Claude Van Damme ironiza sobre a súa vida nun bio-pic. Tamén: Gomorra e Las Horas del Verano. As outras tres participantes son iberoamericanas e teñen boa pinta: o documentario mexicano Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo, a colombiana Perro Come Perro, e a arxentina Leonera, un drama que nos introduce no mundo carcelario.

O director seguido este ano vai ser o francés Olivier Assayas, ao cal só coñezo do filme Paris, Je T’aime e que aínda non atopei cal era a súa curta dentro dela. Nos vindeiros días, o festival dará a coñecer a totalidade do programa e a identidade do Premio Cineuropa desta XXII edición.

Agardaremos.

O meu Cineuropa

Luns, Decembro 17th, 2007

Cineuropa 2007 Gustoume o festival deste ano, moito, dende logo é unha oportunidade única de ver filmes independentes por un prezo mínimo (2 euros cos bonos), lonxe dos cines, que eu non piso dende Alatriste (malaaa…). En fin, moi recomendable. E estes foron os filmes que vin este ano:

La Flauta Mágica, Kenneth Branagh: o remake da ópera de Mozart, non é máis ca iso, non che conta nada novo ao vela, non ten maxia, os efectos especiais son dignos, e grazas. Unha peli boa se non sabes a historia ou se es músico de cámara. Agradezo a Julia e Patriza que me acompañaran a vela no CGAC. Veredicto: ni fu ni fa 😐

La Zona, Rodrigo Plá: ésta é boa, un intento de roubo e unha cacería aos ladróns, unha dramatización (ou non) da actual separación existente hoxe entre pobres e ricos. Unha escea final que non deixa frío a ninguén. 🙂

Made in Jamaica: un coñazo, entrei coa idea de ver un documental sobre a evolución do reggae en Jamaica ata hoxe, e decateime mentres a vía que reggaeton comeza por ´reggae´. E fun só. 🙁

Buda explotó por vergüenza, Hana Makhmalbaf: Unha xoia, e moi agradable: unha nena pequena que quere ir á escola e outros nenos (imitando a americanos e talibáns) impídenllo… Non deixa de ser graciosa por momentos e a frase final deixoume de pedra… -D

The Fall, Tarsem Singh: Un filme indio ambientado en USA nos ´20, un especialista de Hollywood e unha rapaciña á que lle conta historias. Xénero fantástico, unha gran historia. 😉

Lady Chatterley , Pascale Ferran: drama romántico, unha dona, un xardineiro, un paralítico e erotismo, recoméndolla a xente de 40 anos. Agradecementos a Jacobe por vir vela comigo. 😛

Las aventuras amorosas del joven Molière, Laurent Tirard: co protagonista de Una Casa de Locos e Las Muñecas Rusas. Divertidísima, e non digo máis. Agradecementos a Pereira, que tamén gustou do filme -D

4 meses, 3 semanas y 2 días, (Romania): ai que te sintas fatal, e gratuitamente, non compensa porque non che conta nada. Recoméndolla a universitarias embarazadas que queiran abortar. Grazas a Pereira e Héctor. 😡

Al otro lado, Faith Akin: a min non me gustou nada, conexións moi pilladas de historias paralelas sen unha historia concreta que chame a atención, moi ao estilo de todos aqueles que desfrutástedes con Babel, eu ódioa. Por certo, este filme gañou o premio do público do Cineuropa, qué se lle vai facer… Agradecementos a Jacobe e Pat 🙁

La boda de Tuya, (China): déixase ver e ten unha historia, non coma a anterior. Agradecementos a Julia e Tomé. 😉

El paraíso de Hafner, (Austria): biopic sobre un nazista convencido en pleno centro de Madrid, sorprendente. Impagable a foto enmarcada de Esperanza Aguirre. -D

El caso Litvinenko, (Rusia): documental que fala sen reparos dos posibles culpables da morte do axente ruso e do podre que está o poder executivo no país. O mellor, os créditos: tanta cruceciña que indicaba ás persoas mortas que aparecían no filme… -D

El baño del Papa, (Uruguai): unha xoia descoñecida, e certo guiño a Bienvenido Mr. Marshall. Agradecementos a Pereira. 🙄

My Blueberry Nights, Wong Kar-Wai: preciosa apoloxía do amor e preciosa banda sonora, pero non me gustou, porque aseméllase a In the Mood for Love, do mesmo director coreano, coa diferenza de que a primeira está feita en USA e con actores de alí, coma Natalie Portman. Agradecementos a Alís e Pereira, que sufrimos o noso no ghaliñeiro do Teatro Principal, moi incómodo. 🙁

Interview, Steve Buscemi (o mítico Steve Buscemi con Sienna Miller): unha evolución constante nun espazo e tempo mínimos, para min moi interesante. Grazas a Jacobe, Alís e Patriza. 😀

E xa está… non puiden ver máis… a maratón resérvoma para min. A agardar ata o ano que vén, e a ver se alguén máis se apunta (aquí podería poñer un guiño a Chema que di que “as peliculas que poñen aí teñen que ser un coñazo”, hai que ver o que pode a ignorancia…). Apertas agarimosas, meus.