Estercolaria http://estercolaria.blogaliza.org Eu tamén actualizo cando me peta Sat, 09 Feb 2013 11:06:06 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 De Papas http://estercolaria.blogaliza.org/2010/11/06/376/ http://estercolaria.blogaliza.org/2010/11/06/376/#comments Sat, 06 Nov 2010 12:58:33 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=376 O Belvedere Papal

O Belvedere papal de Lucas Cranach o vello, no 1545 nunha edición da Descrición do Papado de Lutero: vén sendo unha bula papal complementada con lume e xofre cuns ledos granxeiros xermanos que lle adican uns sonoros peidos (e o de Belvedere é un edificio do Vaticano, pero tamén significa fermosa vista).

Transcrición: “PAPA LOQVITVR. Sententiae nostrae etiam iniuste metuendae sunt.

Responsio. Maledetta Aspice nudatas gens furiosa nates. Ecco qui Papa el mio belvedere.”


Tradución (máis ou menos): “O Papa fala: as nosas sentencias han ser temidas, aínda se son inxustas.

Resposta: Maldito! Observa as cachas espidas da nosa furiosa raza! He aquí, Papa, o meu Belvedere”


E a visita do Papa a Compostela: un fracaso. O comentario dun tendeiro na nova de El País resúmeo perfectamente:

“Los únicos que me han comprado recuerdos de la visita son unos policías sevillanos y unos bomberos de Barcelona. Los peregrinos se han asustado”

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2010/11/06/376/feed/ 1
Loukanikos, Kanellos e outros cadelos http://estercolaria.blogaliza.org/2010/05/07/loukanikos-kanellos-e-outros-cadelos/ http://estercolaria.blogaliza.org/2010/05/07/loukanikos-kanellos-e-outros-cadelos/#comments Fri, 07 May 2010 18:41:21 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=363 No Guardian preséntannos unha galería de fotos dun can que leva saíndo nas reportaxes fotográficas dos disturbios de Grecia dende o ano 2008. E volveu aparecer estes días ao caso das manifas en contra do réxime de austeridade que pretenden poñerlle aos gregos pola débeda económica do país. A galería é imperdible é pódese ver aquí, eu só deixo unha foto.

Pero no Guardian pasáronse escribindo sobre o tema, e din que o bicho responde ao nome de Kanellos, cousa que resulta que non é certo, pois en Reddit (agora caído, por iso escribo isto nun post) rechelon conta a historia deste cadelo (traduzo):

“Vivo en Atenas, en Exarxeia, e este can é moi famoso e todo o mundo o alimenta e o quere. Pero chámase Louk, de Loukanikos, unha palabra que significa salchicha, porque acostumaba comer salchichas todo o tempo. Vive na rúa, non ten dono e el, xunto con outros 4-5 cans vén a todas as manifestacións en Atenas. Podes atopalo todos os días na rúa Mesollogiou, onde Alexandros Grigoropoulos, un estudante de 15 anos,  foi disparado pola policía.

Kanellos fora outro can que solía facer o mesmo, pero morreu hai dous anos e agora está soterrado por uns camaradas dentro da Universidade Politécnica en Atenas, onde tivo lugar a revolta contra o dictador, en 1973. Os membros de Indymedia Atenas solían darlle de comer. Ademais cando Kanellos foi capturado polo empregado da canceira hai 4 anos, xuntouse unha concentración de 400 persoas e liberámolo da canceira! Podes atopar a súa tumba dentro da universidade. Kanello RIP!

Estes cans viven en Exarxeia e non pertencen a ninguén. Chamámolos ”os cans do movemento” e hai varios deles, coma Roza, Dick, Ribo, Petros, Loucy. É gracioso pero son os nosos camaradas, protexémolos e alimentámolos e eles protéxennos tamén.

Aquí quedan uns vídeos do camarada Kanellos, unha lenda de Exarxeia! http://www.youtube.com/watch?v=5FTaVgqSiIkhttp://www.youtube.com/watch?v=cWk1-jMNR6k

E aí queda unha foto de Kanellos, todo pancho na universidade, sacada do seu propio grupo no Facebook:

Kanellos patriota noso contra ellos!

Sobre a situación destes cans, pola información que fun xuntando, son reais, viven nas rúas de Atenas en completa liberdade, pero están castrados e vacinados polas institucións locais, e non están faltos de cariño e de alimento porque moita xente mira por eles. Non pasa coma en Compostela, que a policía obrigou á Nieves do Berberecho a identificarse por darlle de comer a uns gatos. O caso é que os cadelos non perden unha -unha manifa-, e aparentemente sempre están do lado dos bos.

E nós que temos como constante nas nosas manifestacións? A Beiras?

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2010/05/07/loukanikos-kanellos-e-outros-cadelos/feed/ 1
Yonkis do folk http://estercolaria.blogaliza.org/2010/03/27/yonkis-do-folk/ http://estercolaria.blogaliza.org/2010/03/27/yonkis-do-folk/#comments Sat, 27 Mar 2010 19:32:36 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=346

Unha camisola adicada a todos eses coñecidos que gastan zapatos como quen fuma un pito, de tanto bailar nas foliadas ás que van, que son todas as que poden.

As siluetas xa estaban vectorizadas na rede, a gaita saíu dun libro, e a tipografía é a Milocha de Zezinho, que queda caralluda. O deseño en *.png e en *.svg.

Actualización 04/05/10: sustituín a figura central por unha rapaza cun bombo e subín algo as letras, de paso cambiei o modelo a rapaza e de cor, para que haxa variante. O antigo aquí, en *.png e en *.svg

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2010/03/27/yonkis-do-folk/feed/ 10
Nin caso http://estercolaria.blogaliza.org/2010/02/02/nin-caso/ http://estercolaria.blogaliza.org/2010/02/02/nin-caso/#comments Tue, 02 Feb 2010 20:26:55 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2010/02/02/nin-caso/ image

Isto vén sendo un post para comprobar o ben que choia a aplicación oficial que wordpress acaba de sacar para Android, así que acabades de chegar aquí para nada. 😛

De paso tamén achego un par de fotos do paseo desta mañá polo Pedroso.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2010/02/02/nin-caso/feed/ 2
Xurado twitteiro do Cineuropa http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/#comments Mon, 07 Dec 2009 16:17:41 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=327 Esta lista é o que sae de xuntar todos os tweets baixo o tag cineuropa que se ían poñendo durante o festival. Saen por aquí Tawil, ifrit, carapucha, dani_elo máis un servidor. A nota media á dereita. Nótese como varía respecto á votación oficial do Cineuropa.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/feed/ 1
Aprende algo cada día http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/09/aprende-algo-cada-dia/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/09/aprende-algo-cada-dia/#comments Mon, 09 Nov 2009 20:06:19 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=322 Tanto me gustou a filosofía da páxina Learn Something Every Day que descubrín nunha anotación de Zezinho, que tiven que probar a facer a miña propia aportación:

A vaca é a pinta de Blogaliza, feita a través da miña pobre man , e a cita vista no Chuza!

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/09/aprende-algo-cada-dia/feed/ 5
Cineuropa 15/160 http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/#comments Mon, 02 Nov 2009 21:04:24 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=311 Basicamente trátase de facer un exercicio de escoller 15 filmes que me parezan salientables do festival Cineuropa deste ano e que teña pensado ir ver. Probablemente esta anotación perda todo sentido unha vez pasado o festival, cando queda claro que os filmes destacables moitas veces saen dos descoñecidos. Ou non, xa se verá.

Indo por partes e comezando pola máis importante, a Sección Oficial:

Kynodontas

Das Weisse Band – Michael Haneke (Austria): porque gañou a Palme d’Or do festival de Cannes. Punto.

Kynodontas G. Lanthimos (Grecia): porque saíu ben parada de Cannes. Pero máis porque din dela que é un filme con argumento un tanto estraño, cun pai que enclaustra aos fillos na casa sen contacto exterior, e que resolve dun xeito algo problemático o tema do espertar sexual adolescente. Catro palabras: sexo, criada, Rocky, incesto.

Aquele Querido Mês de Agosto – Miguel Gomes (Portugal): só polo ben que fala Pawley dela.

Tres Díes Amb la FamíliaMar Coll (Catalunya): porque é unha da sección Novísimos dentro da oficial, porque é un relato de costumes e porque sempre está ben descubrir a unha directora cando comeza. Ademáis ten boa crítica, vaia iso por diante.

Elevator – G. Dorobantu, e Pescuit SportivAdrian Sitaru (Romanía): por situación, neste ano no que non hai presenza de cinema italiano nin escandinavo (salvando unha norueguesa) algo haberá que preocuparse polo cinema emerxente europeu sen ser UK e Francia, e aquí está Romanía, que nestes tempos está facendo cousas moi boas, filmes dos que se fala bastante e moito. Estas dúas pezas veñen avaladas con premios polos catro costados.

Na sección Panorama Internacional, 3 filmiños:

Mal Día para PescarÁlvaro Brechner (Uruguai): dous buscavidas e cambios bruscos no relato dos acontecementos. Comedia e drama. Ninguén fala mal dela, e vén de Uruguai, que é un sitio que trouxo cousas boas ao Cineuropa, sempre cun presuposto baixiño, o que sube o mérito.

Frozen River – Courtney Hunt (USA): desta falo con coñecemento, que xa a teño visto. Do bo que podes esperar da escea independente americana, conflito familiar, tensión e problemática social, ben contado e ben tratado, a protagonista ten un papelón. Ademáis vén avalada polo festival de Sundance, así que ten xustificación abonda.

50 Dead Man WalkingKari Skogland (UK): porque os filmes que tratan os conflitos políticos de Irlanda, por defecto son todos ben feitos, cousa que non se ve aquí coa Guerra Civil, que temos filmes a patadas que son cartos gastados. Logo dos puntos de vista de Michael Collins, En el Nombre del Padre, Bloody Sunday ou Omagh, aquí dase vida á biografía de Martin McGartland, un confidente británico que cumple a súa función ata que finalmente pasa a vida agochado fuxindo do IRA, que descubre a súa identidade.

Da sección Mundo Asia, a que mellores xoias me ten presentado:

Ddongpari (Breathless) – Yang Ik-June (Corea do Sul): un drama, unha historia da violencia. Un gángster criado en pura violencia reacciona agresivamente á sociedade que o rodea. Logo aparece unha rapaza que ten a brutalidade da súa familia gravada tamén nas costas e que é quen de entenderse co prota. E finalmente o irmán da rapaza entra no grupo mafioso do primeiro, e temos armado o filme. Non teño nada máis desta peza se non é por un palmarés amplo de festivais, pero eu espero atopar algo semellante e Chan-wook Park (Old-Boy, Sympathy for Lady Vengeance).

Tôkyô SonataKiyoshi Kurosawa (Xapón): un retrato de familia. O pai perde o traballo e ocúltao, o fillo maior apenas pisa a casa, o menor toma clases de piano ás agochadas -e dáselle ben-, e a nai non sabe como tirar para adiante. Os medios os xustos e o ensinado o necesario. O Claro de Luna de Debussy, o clímax.

A Love ExposureSion Sono (Xapón): algo ten que ter unha comedia cun argumento aparentemente xuvenil e cunha duración de 237 minutos (cousa que normalmente é un punto en contra a non ser que te chames Bergman e fagas Fanny & Alexander) para que teña tal número de boas críticas coma as que lin desta peza. En proporción, demasiadas, intrígame de veras.

Das outras seccións só recollo un filme da Conexión Buenos Aires, outro do ciclo de Takeshi Kitano e outro da Fantastique:

Synecdoche, New York – Charlie Kaufman (USA): o prota fai unha réplica de NYC a tamaño real nun almacén, ten que se un tipo curioso. Teatro. E se nas descricións que fan do filme inclúen referencia a Escher, queda todo dito.

Achilles to kame (Aquiles e a tartaruga) – Takeshi Kitano (Xapón): eternamente coñecido por ser o director de Humor Amarillo, Kitano é un xenio polifacético infravalorado no seu Xapón e non cansa de representalo nos seus filmes. Aquí: témolo nos ollo dun artista mediocre que nos ensina as glorias, absurcedes, frivolidades e mentiras do mundo da arte. A moralexa reafirmada dende o comezo é que cada un ten que persistir no que lle gusta, aínda que non sexa aclamado polos entendidos.

La NanaSebastián Silva (Chile) – filme gañador do premio do xurado World Cinema do festival de Sundance. Punto.

Esta lista de 15/160 non ten que coincidir -raro que o fixera- coa de ninguén, é a miña forma de deixar constancia do que penso antes do festival para logo comentar o que penso despois do festival e observar cambios. Cambios que espero que haxa, porque senón sería unha perda de tempo asistir ao Cineuropa. E a escudriñar o programa, que ha de haber algunhas incompatibilidades horarias, e moi probablemente deixe de ver algunhas destas -a priori-. Máis cousas: o ciclo adicado aos Beatles ten tamén moi boa pinta, pero non o considerei aquí, por non ser filmes actuais; tampouco a Noite Crebinsky ou o Concerto da sala Capitol: quedan como complementos xeitosos. Sobre todo: os dous filmes adicados a Ryuichi Sakamoto, un home que che cambia un filme só coa súa música. E a maratón, polos filmes que poñen este ano, extrapolo que o tema é o terror, pero con matices, que aí vai estar Antichrist de Lars von Trier ou un filme que choca só polo título: Lesbian Vampire Killers.

Vémonos nas salas.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/feed/ 7
Apuntes de toxos http://estercolaria.blogaliza.org/2009/10/19/apuntes-de-toxos/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/10/19/apuntes-de-toxos/#comments Mon, 19 Oct 2009 19:15:03 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=305 Cousa que non sabía, cousa que poño. O toxo, ese silencioso símbolo deste país, omnipresente en todas as comarcas, resulta que non invadiu a nosa terra ante a nosa indiferencia. O toxo era un arbusto existente mais non precisamente común de todo, e foron os propios labregos galegos os que o cultivaron sistematicamente nos montes.

O motivo é puramente agrícola: o solo galego é moi acedo, ten un PH alto de máis para as prantas e cultivos así que hai que neutralizar este problema, problema que os labregos solucionaron a través do uso de algas (pouco, só na costa), cal (menos aínda) e esterco (estercar estercábase e estércase por todo o país, e aínda esterco eu nesta Estercolaria). Aquí, co esterco, é cando xoga o toxo, os labregos cultivan os montes (contra o que poida parecer, antes do século XX os montes estaban totalmente aproveitados) con estes arbustos para logo rozalos, levalo ás cortes e cos excrementos do gando argallar o esterco que será o que multiplique a produtividade das terras.

Por cada hectárea de labradío, unha familia labrega dispoñía de entre 2 a 5 hectáreas de monte só para o toxo.

Como non, sempre presente no deseño do país.

Un pequeno resumo de como actúa o toxo sería dicir que é unha leguminosa que posúe cantidades de nitróxeno e que axuda a fixalo no chan, e iso é cousa fina para o PH. Para máis datos botánicos dos que non sei moito, a botarlle un ollo á Galipedia e a Novos Medios.

E remato con orgullo este post autoferente (polo de Reidotoxo e polo de Estercolaria) do arbusto que se encargaba de manter as leiras galegas ben esplendorosas, polo menos antes da chegada dos fertilizantes químicos no séc. XX, recordando que os toxos encárganse de repoboar con velocidade pasmosa os terreos queimados pola culpa en parte dos eucaliptos, e que por se fora pouco defenden a nosa honra viaxando e conquistando entre outros lugares Australia, onde é considerado unha praga.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/10/19/apuntes-de-toxos/feed/ 6
Arranxos http://estercolaria.blogaliza.org/2009/09/11/arranxos/ Fri, 11 Sep 2009 16:52:16 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=300

Dende Ceci n’est pas une pipe. de Magritte.

]]>
Fail Bull http://estercolaria.blogaliza.org/2009/08/27/fail-bull/ Thu, 27 Aug 2009 21:13:15 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=298

Penso que molaba coller un fato de globos coa forma dos paxaros da Fail Whale de twitter e colgarllos a algún dos touros de Osborne de GZ. #

]]>