Archive for the ‘Sic’ Category

Nunca chove a gusto de todos

Venres, Setembro 19th, 2008

Isto é unha carta ao director publicada no diario ECG o xoves 18 de setembro a raíz das festas da rúa de Abaixo. Todo un exercicio de auto-odio e imaxinación para devaluar o inmenso traballo que fixeron os compañeiros da AAVV As Marías (coa axuda da Gentalha do Pichel). As pérolas: “la supuesta asociación de vecinos que ha organizado esa desfeita“, “banderas gallegas manchadas con una estrella roja” e “también empapelaron las paredes estropeando con el pegamento y los restos de papel la pintura“. Pregúntome se esta señora non viviría na mesma casa que ao día seguinte ás festas adornaba o seu balcón cunha bandeira española ao paso do rosario da Guadalupe, para desacougo do gaiteiro que aquí fala.

Foi unha festa. E punto.

WTF!

Mércores, Febreiro 13th, 2008

Xa pasou unha semana, pero aínda estou dixerindo o feito de que unha das láminas a analizar no meu exame de arte galega III fora a Cidade da Cultura… ese proxecto cando menos, “controvertido“. E a�nda sen rematar...

Por certo: nesta lámina (que é igualiña á do exame) vése a miña casa…