Sic – Estercolaria http://estercolaria.blogaliza.org Eu tamén actualizo cando me peta Sat, 09 Feb 2013 11:06:06 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 De Papas http://estercolaria.blogaliza.org/2010/11/06/376/ http://estercolaria.blogaliza.org/2010/11/06/376/#comments Sat, 06 Nov 2010 12:58:33 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=376 O Belvedere Papal

O Belvedere papal de Lucas Cranach o vello, no 1545 nunha edición da Descrición do Papado de Lutero: vén sendo unha bula papal complementada con lume e xofre cuns ledos granxeiros xermanos que lle adican uns sonoros peidos (e o de Belvedere é un edificio do Vaticano, pero tamén significa fermosa vista).

Transcrición: “PAPA LOQVITVR. Sententiae nostrae etiam iniuste metuendae sunt.

Responsio. Maledetta Aspice nudatas gens furiosa nates. Ecco qui Papa el mio belvedere.”


Tradución (máis ou menos): “O Papa fala: as nosas sentencias han ser temidas, aínda se son inxustas.

Resposta: Maldito! Observa as cachas espidas da nosa furiosa raza! He aquí, Papa, o meu Belvedere”


E a visita do Papa a Compostela: un fracaso. O comentario dun tendeiro na nova de El País resúmeo perfectamente:

“Los únicos que me han comprado recuerdos de la visita son unos policías sevillanos y unos bomberos de Barcelona. Los peregrinos se han asustado”

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2010/11/06/376/feed/ 1
Boicoz http://estercolaria.blogaliza.org/2009/02/21/boicoz/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/02/21/boicoz/#comments Sat, 21 Feb 2009 21:09:03 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=248 Adiro tarde pero con máis folgos:

La Voz = Caca

(# # # # #) La Coz pícase porque lle tocaron os cartiños e lle saíu competencia.

Don Celidonio era suscritor do ABC La Voz de Galicia. Sempre resulta ben que na casa de un, se vexa riba da mesa o boletín de don Torcuato Santiago Rey Fernández Latorre, que é o periódico dos ricos e o que defende a Orde social e a integridade da Patria, para que se decate a xente de que un é persoa ben situada e que non ten nos miolos esas mouras vexigas que lles nacen a algúns e que se chaman ideas. Á parte de que, ABC La Voz de Galicia trae moitos santos ben bonitiños e moitas follas, e presta polo tanto moito servicio nunha casa onde se come ben.

– Vicente Risco, O Porco de Pé, 1928.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/02/21/boicoz/feed/ 1
Ese gran libro http://estercolaria.blogaliza.org/2008/12/08/ese-gran-libro/ http://estercolaria.blogaliza.org/2008/12/08/ese-gran-libro/#comments Mon, 08 Dec 2008 16:31:34 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=174

Transcripción literal para non deixar os ollos na -cutrísima- foto:

¡VIVE LENDO!
O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA EN COLABORACIÓN CON FEREGA.
Propón a todos os profesores e profesoras do Colexio a participación como xurado de
“I PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO”
Son tres obras do ano 2007 que temos que valorar de 1 ata 10.
No colexio mercamos tres exemplares de cada para compartir as distintas lecturas. Se está no noso ánimo queríamos facer un CLUB DE LECTURA e CONTACONTOS cos compañeiros e compañeiras que o desexen.

Valoración do profesor/a: _____

1. MADE EN GALICIA. Séchu Sende. Ed. Galaxia.
2. CASE PERFECTO. Marina Mayoral. Ed. Xerais.
3. ASÍ NACEN AS BALEAS. Anxos Sumai. Ed. Galaxia.

Made en Galicia, un libro descoñecido se non fora porque podemos ver que a autoría recae en Séchu Sende, e automaticamente pensamos en “Made in Galiza“, o mellor libro do 2007 (segundo a Asociación Galega de Editores). Obviemos que é unha errata, e encaremos a situación: aínda existe xente que prefire mutilar unha obra literaria de renome a aceptar unha das dúas denominacións propias do país. Sorprende, e para peor, que este xesto proveña dunha equipa de normalización lingüística. Pregúntome, que capacidade de implicación teñen os responsables de normalizar a lingua galega? Por este erro, que presumo totalmente consciente, polo uso das maiúsculas indiscriminadamente… son xente coma esta os técnicos que van educar aos rapaces?.

Ben, pode ser unha errata inconsciente, pode ser un feito illado.

Non o é.

Buscando en Google Made in Galicia” Séchu Sende só na primeira páxina de resultados xa atopamos varios exemplos co mesmo erro: en axendas, en xornais (en La Opinión e La voz), e casos máis sangrantes coma no Centro de Documentación Sociolingüistica de Galicia, A Escola Oficial de Idiomas de Compostela, e incluso, na propia Asociación Galega de Editores, esa que premiou Made in Galiza coma o mellor libro do 2007.

Non é grave, pero é unha circunstancia que nos axuda a crear un baremo de cómo está a sociedade galega a nivel de normalización. O auto-odio sigue gañando a batalla.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2008/12/08/ese-gran-libro/feed/ 3
Nunca chove a gusto de todos http://estercolaria.blogaliza.org/2008/09/19/nunca-chove-a-gusto-de-todos/ http://estercolaria.blogaliza.org/2008/09/19/nunca-chove-a-gusto-de-todos/#comments Fri, 19 Sep 2008 15:04:34 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=60

Isto é unha carta ao director publicada no diario ECG o xoves 18 de setembro a raíz das festas da rúa de Abaixo. Todo un exercicio de auto-odio e imaxinación para devaluar o inmenso traballo que fixeron os compañeiros da AAVV As Marías (coa axuda da Gentalha do Pichel). As pérolas: “la supuesta asociación de vecinos que ha organizado esa desfeita“, “banderas gallegas manchadas con una estrella roja” e “también empapelaron las paredes estropeando con el pegamento y los restos de papel la pintura“. Pregúntome se esta señora non viviría na mesma casa que ao día seguinte ás festas adornaba o seu balcón cunha bandeira española ao paso do rosario da Guadalupe, para desacougo do gaiteiro que aquí fala.

Foi unha festa. E punto.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2008/09/19/nunca-chove-a-gusto-de-todos/feed/ 1
WTF! http://estercolaria.blogaliza.org/2008/02/13/wtf/ Wed, 13 Feb 2008 22:48:22 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/02/13/wtf/ Xa pasou unha semana, pero aínda estou dixerindo o feito de que unha das láminas a analizar no meu exame de arte galega III fora a Cidade da Cultura… ese proxecto cando menos, “controvertido“. E a�nda sen rematar...

Por certo: nesta lámina (que é igualiña á do exame) vése a miña casa…

]]>