Archive for the ‘ghaiteirada’ Category

Yonkis do folk

Sábado, Marzo 27th, 2010

Unha camisola adicada a todos eses coñecidos que gastan zapatos como quen fuma un pito, de tanto bailar nas foliadas ás que van, que son todas as que poden.

As siluetas xa estaban vectorizadas na rede, a gaita saíu dun libro, e a tipografía é a Milocha de Zezinho, que queda caralluda. O deseño en *.png e en *.svg.

Actualización 04/05/10: sustituín a figura central por unha rapaza cun bombo e subín algo as letras, de paso cambiei o modelo a rapaza e de cor, para que haxa variante. O antigo aquí, en *.png e en *.svg

Foliada Mariñeira

Luns, Xaneiro 5th, 2009

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/CKRNv8vLHPw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A isto adico eu o tempo libre.

Un ensaio -escaso de efectivos- do grupo de gaitas do barrio da Gracia, que a partir de agora vaise chamar Pana Raiada, logo dunha votación asemblearia.

Nunca chove a gusto de todos

Venres, Setembro 19th, 2008

Isto é unha carta ao director publicada no diario ECG o xoves 18 de setembro a raíz das festas da rúa de Abaixo. Todo un exercicio de auto-odio e imaxinación para devaluar o inmenso traballo que fixeron os compañeiros da AAVV As Marías (coa axuda da Gentalha do Pichel). As pérolas: “la supuesta asociación de vecinos que ha organizado esa desfeita“, “banderas gallegas manchadas con una estrella roja” e “también empapelaron las paredes estropeando con el pegamento y los restos de papel la pintura“. Pregúntome se esta señora non viviría na mesma casa que ao día seguinte ás festas adornaba o seu balcón cunha bandeira española ao paso do rosario da Guadalupe, para desacougo do gaiteiro que aquí fala.

Foi unha festa. E punto.