Archive for the ‘Eventos’ Category

Máis do conto de Osetia do Sur

Venres, Agosto 29th, 2008

Resumo sinxelo:

Pataletas

Fragmentando o medalleiro

Domingo, Agosto 24th, 2008

A delegación española volve dos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 co número máis alto de metais dende Barcelona ’92, acumulando 18. Agora ben, imos facer un exercicio imaxinativo e repartir estas medallas segundo correspondan ás nacións periféricas que queremos seleccións nacionais: Galiza, Euskadi (deixo para máis adiante Euskal Herria), Catalunya, Illes Balears e Valencia (separo os Països Catalans, basicamente por comodidade). Polo tanto:

Galiza ten as dúas pratas de David Cal en piragüismo (500 e 1000m.), o ouro de Fernando Echávarri e Antón Paz en Vela clase Tornado, e o ouro de Carlos Pérez en piragüismo por parellas (compartido co catalán Craviotto, así que contabilizo 0.5 ouro para cada un). Galiza: 1.5 ouro e 2 pratas.

Catalunya ten o medio ouro de Craviotto do que falaba antes, e dúas pratas: unha de Gervasio Deferr, e a outra da parella Fuentes/Mengual en natación sincronizada. Mención especial ás seleccións de hockey e balonmán (a.k.a. handebol) que son case na súa totalidade catalanas, máis como algún mesetario hai, convén ser apropiados e darlle a medalla a España como selección escollida en todo o estado; nos grupos xa non considero dividir os metais coma coas parellas porque moitos decimais quedan algo mal… Catalunya: 0.5 ouro e 2 pratas.

Euskadi ten a prata da parella Martínez de Lizarduy/Fernández en vela e o bronce de Leire Olaberria en ciclismo. Euskadi: 1 prata e 1 bronce.

As Illes Balears teñen o ouro de Rafa Nadal e o de Joan Llaneras en ciclismo, e unha prata en ciclismo por parellas de Llaneras/Tauler; e Valencia unha prata conseguida en tenis dobles cunha parella madrileña acompañando a Anabel Medina Garrigues. Illes Balears: 2 ouros, 1 prata. Valencia: 0.5 prata. Isto vén a dicir que os Països Catalans terían 2.5 ouros e 3.5 pratas.

España, restando as nacións anteriores, quedaría co ouro en ciclismo de Samuel Sánchez, o bronce de Abajo en esgrima e a prata que deixamos antes no tenis dobles feminino, de Virginia Ruano. Ademáis disto, como seleccións estatais, contabilizamos como victorias españolas o ouro en baloncesto, as pratas en hockey e natación sincronizada e o bronce en balonmán. España: 2 ouros, 2.5 pratas e 2 bronces.

O medalleiro en total son 18 metais, España leva 6.5 e as nacións sen estado en España levan 11.5.

Isto non é máis que outro motivo para reivindicar as nosas seleccións nacionais.

Cómo está o conto en Osetia do Sur

Domingo, Agosto 10th, 2008

Ao tempo da inauguración dos Xogos Olímpicos, establécese definitivamente un conflito armado en Osetia do Sur (norte de Xeorxia) de relevancia internacional, con Rusia, USA e a OTAN metidas de cheo aínda que nun segundo plano.

Para comezar, Osetia do Sur é unha república independente de facto dentro de Xeorxia, pero a súa independencia non a recoñeceu ningún outro país, así que é un lugar conflitivo dentro de Xeorxia dende a desmembración da URSS e a independencia (9 de abril do ’91) deste país. Por se fora pouco, en Xeorxia existe outra rexión que declarou unilateralmente a súa independencia (polo tanto nas mesmas circunstancias que Osetia do Sur) ao norleste: Abjasia. O que sacamos disto é que Xeorxia para nada é un país unido e o governo do presidente Saakashvili, cunha acusación de fraude electoral incluída, ten que soster un país que posúe paralelo ao oficial, dous gobernos independentistas pro-soviéticos.

Así que: (máis…)