Archive for the ‘Eventos’ Category

Xurado twitteiro do Cineuropa

Luns, Decembro 7th, 2009

Esta lista é o que sae de xuntar todos os tweets baixo o tag cineuropa que se ían poñendo durante o festival. Saen por aquí Tawil, ifrit, carapucha, dani_elo máis un servidor. A nota media á dereita. Nótese como varía respecto á votación oficial do Cineuropa.

Importación/Exportación

Xoves, Novembro 27th, 2008

A partir de xa, as anotacións que existían no blogue  http://chascarrilloindiscriminado.blogaliza.org/ están importadas con éxito aquí grazas ao bo labor de blogaliza (funcionando baixo wordpress).

O blogue en cuestión era meu tamén, e supoñíase que alí ía ir poñendo calquera trangallada que atopara pola rede e me resultase o suficientemente graciosa para ser considerada “chascarrillo” (humor… absurdo?), pero ante a falta de vontade pola miña parte, e sobre todo polo uso que agora fago de outras vías para compartir cousas entre as que podo incluír esta clase de elementos (google reader shared items, twitter, facebook e friendfeed) pois poderiamos dicir que incluso era traballo perdido.

As datas das anotacións estánme bailando un pouco, algunhas imaxes quedaron co traslado mal maquetadas, algunha ligazón perdida… son detalliños que se poden dar polo blogue adiante e que estou corrixindo, que tampouco é tanto traballo.

Seguimos coas vías habituais, logo.

Primeiras novas sobre Cineuropa ’08

Luns, Outubro 20th, 2008

E non parece que lle afectara moito a perda da subvención por presentar a solicitude fóra de plazo.

As primeiras novas que temos sobre o festival deste ano (e van 22) fálannos dun festival para convertir Compostela na capital do cine independente, social e de autor. O festival comeza o luns 3 de novembro cunha proxeción especial de La Buena Nueva de Helena Taberna (Yoyes) que vai dun sacerdote socialista no momento da Guerra Civil. O día seguinte, martes 2 de novembro, comeza a Sección Oficial: contando co filme vasco anterior, coñécense 11 das obras que poderemos ver no festival: comezando por A noite que deixou de chover (Luis Tosar, Mercedes Sampietro), rodado íntegramente en Compostela, e onde a cidade colle protagonismo. Entre les Murs, de Laurent Cantet, palma de Oro en Cannes. O filme basado na obra de Saramago Ensayo sobre la Ceguera, de Fernando Meirelles (Cidade de Deus). Still Walking, de Kore-eda, un drama familiar que “flúe coma o veleno”. A curiosísima JCVD, belga, onde Jean Claude Van Damme ironiza sobre a súa vida nun bio-pic. Tamén: Gomorra e Las Horas del Verano. As outras tres participantes son iberoamericanas e teñen boa pinta: o documentario mexicano Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo, a colombiana Perro Come Perro, e a arxentina Leonera, un drama que nos introduce no mundo carcelario.

O director seguido este ano vai ser o francés Olivier Assayas, ao cal só coñezo do filme Paris, Je T’aime e que aínda non atopei cal era a súa curta dentro dela. Nos vindeiros días, o festival dará a coñecer a totalidade do programa e a identidade do Premio Cineuropa desta XXII edición.

Agardaremos.