Eventos – Estercolaria http://estercolaria.blogaliza.org Eu tamén actualizo cando me peta Sat, 09 Feb 2013 11:06:06 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Xurado twitteiro do Cineuropa http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/#comments Mon, 07 Dec 2009 16:17:41 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=327 Esta lista é o que sae de xuntar todos os tweets baixo o tag cineuropa que se ían poñendo durante o festival. Saen por aquí Tawil, ifrit, carapucha, dani_elo máis un servidor. A nota media á dereita. Nótese como varía respecto á votación oficial do Cineuropa.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/feed/ 1
Importación/Exportación http://estercolaria.blogaliza.org/2008/11/27/importacionexportacion/ Thu, 27 Nov 2008 12:46:55 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=157 A partir de xa, as anotacións que existían no blogue  http://chascarrilloindiscriminado.blogaliza.org/ están importadas con éxito aquí grazas ao bo labor de blogaliza (funcionando baixo wordpress).

O blogue en cuestión era meu tamén, e supoñíase que alí ía ir poñendo calquera trangallada que atopara pola rede e me resultase o suficientemente graciosa para ser considerada “chascarrillo” (humor… absurdo?), pero ante a falta de vontade pola miña parte, e sobre todo polo uso que agora fago de outras vías para compartir cousas entre as que podo incluír esta clase de elementos (google reader shared items, twitter, facebook e friendfeed) pois poderiamos dicir que incluso era traballo perdido.

As datas das anotacións estánme bailando un pouco, algunhas imaxes quedaron co traslado mal maquetadas, algunha ligazón perdida… son detalliños que se poden dar polo blogue adiante e que estou corrixindo, que tampouco é tanto traballo.

Seguimos coas vías habituais, logo.

]]>
Primeiras novas sobre Cineuropa ’08 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/10/20/primeiras-novas-sobre-cineuropa-08/ Mon, 20 Oct 2008 12:50:37 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=67 E non parece que lle afectara moito a perda da subvención por presentar a solicitude fóra de plazo.

As primeiras novas que temos sobre o festival deste ano (e van 22) fálannos dun festival para convertir Compostela na capital do cine independente, social e de autor. O festival comeza o luns 3 de novembro cunha proxeción especial de La Buena Nueva de Helena Taberna (Yoyes) que vai dun sacerdote socialista no momento da Guerra Civil. O día seguinte, martes 2 de novembro, comeza a Sección Oficial: contando co filme vasco anterior, coñécense 11 das obras que poderemos ver no festival: comezando por A noite que deixou de chover (Luis Tosar, Mercedes Sampietro), rodado íntegramente en Compostela, e onde a cidade colle protagonismo. Entre les Murs, de Laurent Cantet, palma de Oro en Cannes. O filme basado na obra de Saramago Ensayo sobre la Ceguera, de Fernando Meirelles (Cidade de Deus). Still Walking, de Kore-eda, un drama familiar que “flúe coma o veleno”. A curiosísima JCVD, belga, onde Jean Claude Van Damme ironiza sobre a súa vida nun bio-pic. Tamén: Gomorra e Las Horas del Verano. As outras tres participantes son iberoamericanas e teñen boa pinta: o documentario mexicano Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo, a colombiana Perro Come Perro, e a arxentina Leonera, un drama que nos introduce no mundo carcelario.

O director seguido este ano vai ser o francés Olivier Assayas, ao cal só coñezo do filme Paris, Je T’aime e que aínda non atopei cal era a súa curta dentro dela. Nos vindeiros días, o festival dará a coñecer a totalidade do programa e a identidade do Premio Cineuropa desta XXII edición.

Agardaremos.

]]>
Máis do conto de Osetia do Sur http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/29/mais-do-conto-de-osetia-do-sur/ http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/29/mais-do-conto-de-osetia-do-sur/#comments Fri, 29 Aug 2008 22:03:32 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=47 Resumo sinxelo:

Pataletas

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/29/mais-do-conto-de-osetia-do-sur/feed/ 1
Fragmentando o medalleiro http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/24/fragmentando-o-medalleiro/ http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/24/fragmentando-o-medalleiro/#comments Sun, 24 Aug 2008 13:28:31 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=43 A delegación española volve dos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 co número máis alto de metais dende Barcelona ’92, acumulando 18. Agora ben, imos facer un exercicio imaxinativo e repartir estas medallas segundo correspondan ás nacións periféricas que queremos seleccións nacionais: Galiza, Euskadi (deixo para máis adiante Euskal Herria), Catalunya, Illes Balears e Valencia (separo os Països Catalans, basicamente por comodidade). Polo tanto:

Galiza ten as dúas pratas de David Cal en piragüismo (500 e 1000m.), o ouro de Fernando Echávarri e Antón Paz en Vela clase Tornado, e o ouro de Carlos Pérez en piragüismo por parellas (compartido co catalán Craviotto, así que contabilizo 0.5 ouro para cada un). Galiza: 1.5 ouro e 2 pratas.

Catalunya ten o medio ouro de Craviotto do que falaba antes, e dúas pratas: unha de Gervasio Deferr, e a outra da parella Fuentes/Mengual en natación sincronizada. Mención especial ás seleccións de hockey e balonmán (a.k.a. handebol) que son case na súa totalidade catalanas, máis como algún mesetario hai, convén ser apropiados e darlle a medalla a España como selección escollida en todo o estado; nos grupos xa non considero dividir os metais coma coas parellas porque moitos decimais quedan algo mal… Catalunya: 0.5 ouro e 2 pratas.

Euskadi ten a prata da parella Martínez de Lizarduy/Fernández en vela e o bronce de Leire Olaberria en ciclismo. Euskadi: 1 prata e 1 bronce.

As Illes Balears teñen o ouro de Rafa Nadal e o de Joan Llaneras en ciclismo, e unha prata en ciclismo por parellas de Llaneras/Tauler; e Valencia unha prata conseguida en tenis dobles cunha parella madrileña acompañando a Anabel Medina Garrigues. Illes Balears: 2 ouros, 1 prata. Valencia: 0.5 prata. Isto vén a dicir que os Països Catalans terían 2.5 ouros e 3.5 pratas.

España, restando as nacións anteriores, quedaría co ouro en ciclismo de Samuel Sánchez, o bronce de Abajo en esgrima e a prata que deixamos antes no tenis dobles feminino, de Virginia Ruano. Ademáis disto, como seleccións estatais, contabilizamos como victorias españolas o ouro en baloncesto, as pratas en hockey e natación sincronizada e o bronce en balonmán. España: 2 ouros, 2.5 pratas e 2 bronces.

O medalleiro en total son 18 metais, España leva 6.5 e as nacións sen estado en España levan 11.5.

Isto non é máis que outro motivo para reivindicar as nosas seleccións nacionais.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/24/fragmentando-o-medalleiro/feed/ 7
Cómo está o conto en Osetia do Sur http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/10/como-esta-o-conto-en-osetia-do-sur/ http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/10/como-esta-o-conto-en-osetia-do-sur/#comments Sun, 10 Aug 2008 17:27:37 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/10/como-esta-o-conto-en-osetia-do-sur/ Ao tempo da inauguración dos Xogos Olímpicos, establécese definitivamente un conflito armado en Osetia do Sur (norte de Xeorxia) de relevancia internacional, con Rusia, USA e a OTAN metidas de cheo aínda que nun segundo plano.

Para comezar, Osetia do Sur é unha república independente de facto dentro de Xeorxia, pero a súa independencia non a recoñeceu ningún outro país, así que é un lugar conflitivo dentro de Xeorxia dende a desmembración da URSS e a independencia (9 de abril do ’91) deste país. Por se fora pouco, en Xeorxia existe outra rexión que declarou unilateralmente a súa independencia (polo tanto nas mesmas circunstancias que Osetia do Sur) ao norleste: Abjasia. O que sacamos disto é que Xeorxia para nada é un país unido e o governo do presidente Saakashvili, cunha acusación de fraude electoral incluída, ten que soster un país que posúe paralelo ao oficial, dous gobernos independentistas pro-soviéticos.

Así que:

Xeorxia e Osetia do Sur (que legalmente pertence a Xeorxia, pero de facto son independentes) levan en conflito dende 1991, coa creación do país.

Xeorxia entra o 7 de agosto en Osetia do Sur co seu exército para pacificar definitivamente a zona e rematar co secesionismo Osetio (aproveitando os Xogos Olímpicos, aínda que a campaña foi un fracaso…)

Rusia ve atacadas as súas forzas de paz que estaban en Osetia do Sur e lanza unha ofensiva o 8 de agosto para a súa defensa. Rusia di que defenderá aos “seus irmáns osetios” (o 90% dos osetios ten nacionalidade rusa, e se sobre son rusos ou non, só apunto que a rexión rusa fronteiriza con Osetia do Sur é Osetia do Norte). Dende ese momento as forzas xeorxianas, osetas, e rusas “parece ser” (dende este punto as informacións son contraditorias) que adican esforzos a dominar militarmente a capital de Osetia do Sur: Tsjinval.

E así estamos ata o de agora, a falta de máis información (ou alomenos informacións contrastadas). A nivel civil: Osetia do Sur ten 70.000 habitantes, e os datos de ACNUR sinalan que hai 30.000 refuxiados desplazados en Osetia do Norte (Rusia) e 2.400 en Xeorxia (o cal é moi significativo do pé do que coxean os osetios).

As reaccións do conflito: Rusia toma partido a favor de Osetia do Sur, e Putin xa afirmou que agora ve moi difícil que volva a estar baixo governo xeorxiano (chama a atención que Rusia sexa o principal destino das exportacións xeorxianas).Hai que facer constar que a Rusia interésalle desestabilizar a situación interior de Xeorxia porque non quere que éste entre na OTAN.

USA toma partido por Xeorxia, aliado dos americanos (2.000 soldados xeorxianos en Irak baixo mando americano), principal inversor estranxeiro do país, adestrador das súas tropas militares… Hai que dicir que por Xeorxia pasa a principal vía de petróleo e gas cara Occidente dende o mar Caspio e Asia Central e que USA está construíndo o Oleoducto Bakú-Tiflis-Ceyhan que pasa pola capital de Xeorxia (Tiflis/Tiblisi); e ademáis o país caucásico é un lugar estratéxico no caso dunha eventual guerra con Irán, que lle queda ao lado.

Abjazia (a.k.a. Abjasia) outro foco do conflito interior xeorxiano, toma partido por Osetia do Sur, e o 9 de agosto mobiliza as súas tropas para defender o seu territorio aproveitando a debilidade de Xeorxia.

Ucranía e Israel toman partido por Xeorxia (casualmente, USA, Ucranía e Israel son os principais proveedores do armamento do país, ao igual que Rusia o é de Abjazia e Osetia do Sur).

O resto de países (e a UE maila OTAN) toman posicións neutrais abogando pola resolución pacífica do conflito e unha retirada das tropas ás posición orixinais antes do 7 de agosto. Por outra banda… a mellor solución a estas alturas…

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/10/como-esta-o-conto-en-osetia-do-sur/feed/ 6
25 de xullo http://estercolaria.blogaliza.org/2008/07/24/mana-25-de-xullo/ Thu, 24 Jul 2008 14:14:46 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/07/24/mana-25-de-xullo/ Soberan�a

Día da Patria, cartaz do ano 1981.

“A festa maior de Galiza, a festa de todos os galegos”, Castelao. Volveremos a defender a nosa identidade como xa ben fixeran as Irmandades da Fala alá nos anos ’20. Entre quilos de churrasco e litros de LK e crema de augardente cantaremos repetidas veces o “Que din os rumorosos…” o “Ano ’37, guerra civil, Alexandre de Fisterra inventa o futbolín…, o Pirimpinpím… con resaca ou sen ela, o venres á mañá sumarémonos a todos os galegos que converxen en Compostela para cruzar a cidade granítica dende a Alameda ata a Quintana, con paso de romería, e berrando todo o que poidamos. Berrando, que boa falta fai. Berrando o que faga falta.

Parabéns a todos os galegos que queren ser galegos (isto exclúe a algunhas personaxes carcomidas polo auto-odio)

]]>
Cześć http://estercolaria.blogaliza.org/2008/07/14/czesc/ Mon, 14 Jul 2008 17:03:25 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/07/14/czesc/ PolandMarcho para Cracovia, se vos queda de camiño podedes pasar a saudarme, de todas formas, voltarei a tempo para ver a Pablo Milanés e a Berrogüetto no Festigal. Se mo permite a estancia en terras polacas, seguirei posteando na miña conta de twitter.

]]>
Algo está cambiando… http://estercolaria.blogaliza.org/2008/03/08/algo-esta-cambiando/ Sat, 08 Mar 2008 05:35:44 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/03/08/algo-esta-cambiando/ En verdade algo está cambiando para que o pincha do Maycar inclúa no seu repertorio de grandes éxitos dos ’80 e ’90 unha canción de Clap Your Hands Say Yeah! e outra de  The Strokes.  Agora deixa de ser un antro infernal para ser soamente un antro…

]]>
Entroido has come! http://estercolaria.blogaliza.org/2008/01/31/entroido-has-come/ Thu, 31 Jan 2008 19:47:12 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/01/31/entroido-has-come/ Filloas!

Filloas con nata… Filloas con nocilla… Filloas con mel… Filloas con caramelo…

]]>