Archive for the ‘Audiovisual’ Category

Comunicado Galiza – Romanía

Luns, Marzo 9th, 2009

Achéganme este inetiquetable comunicado das hordas galegas en terras romanesas nestes duros momentos de sofrimento do país. Vía: Xacobe e Yorch.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/zZtZCqGVV0k" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Ourizo na brétema

Sábado, Febreiro 14th, 2009

O ourizo na brétema de Kyiv

Centro de Kiev (Ucraína), unha mañá de xaneiro deste ano aparece da nada este ourizo, un becho de madeira sobre un tocón cunha bolsiña entre as mans e mirada de estar soñando esperto. O ourizo é un vello coñecido, moita xente viuno perdido entre a mesta brétema aínda que el non vía nin as súas gadoupas. É soviético, ten 34 anos e é o coitado protagonista dun filme animado baseado nun conto popular ruso.

A través da recomendación dunha amiga, volvo ver “Hedgehog in the fog“, curtametraxe de animación soviética de Yuriy Norshteyn datada do 1975. Non só recomendo a cada alma que vexa semellante obra, senón que vou intentar que cada quen se anime a vela por propia iniciativa. Primeiro: polos dous premios de mellor filme animado de 1976 (obsérvese que en tempos non había tantos festivais cinematográficos como agora), segundo: porque foi incluído en Tokyo no 2003 na lista dos All time animation best 150 in Japan and Worldwide (o concurso perde credibilidade pola magnitude da tarefa e polo número sorprendentemente elevado de filmes soviéticos e xaponeses incluídos, pero é un bo exercicio crítico) e no 1º posto, é dicir, sería o mellor filme animado da historia. O último motivo, e o mellor, é que Hayao Miyazaki admira ao director Norshteyn e ten o Ourizo na Brétema coma un dos seus filmes favoritos.

“Ourizo na brétema” (Ёжик в тумане), Yuriy Norshteyn 1975, URSS. 10 minutos. Subtítulos en inglés. [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dRsXU4Q6a0Q" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Basicamente a mensaxe é que o mundo é como é, pasarán cousas preciosas e terribles, así que non te preocupes, disfruta: o ourizo métese na brétema sen saber ben o que hai, pero disfruta as cousas boas coma a visión do cabalo aínda que tamén caga de medo cando lle toca. Da outra banda estaría o moucho, que é un pailaroco e non aprecia nada, o moucho non mola.

Hai que coñecer o filme, só por coñecer ao ourizo, porque só así entendemos agora a este lado de Europa a representatividade dunha estatua dun ourizo no medio dunha praza céntrica de Kiev. Como se atoparamos ao esquelete cun ollo de vidro de Castelao na Porta do Camiño en Compostela, ou algunha personaxe da fantasía de Cunqueiro no centro da Coruña. Volvín ver ao ourizo, e o google levoume a unha pequena nova en inglés da aparición da estatua. Non puiden deixar de interesarme dende ese momento, buscando respostas ao renacemento dun ourizo animado nas rúas de Kiev, salvando con moita fe a barreira lingüística (menos mal que google sabe ruso, aínda que a viaxe ruso-galego non é moi seria). Resultados: é unha homenaxe popular, dun movemento que se parece chamar Kyiv Landscape Initiative (e da que non atopei máis rastro que este foro), e ademáis, moi importante: ten un sentido crítico, porque esta xente ucraína adica o seu tempo a realizar actividades paisaxísticas cidadanas para protestar pola desaparición progresiva de árbores (mentres na capital do noso Estado, con problema semellante, o noticioso é ser famosa e encadearse a árbores, nótese a diferenza existente entre as dúas situacións, aínda encadradas as dúas no mundo da arte). A idea básica é a “extensión da vida” das árbores desaparecidas de Kiev. Cómo reivindicar ás árbores nunha cidade? Erguendo figuras de madeira e levándoas diante dos ollos da xente. O ourizo é de madeira, como tamén o era Pinocho, pero os dous teñen máis entendemento que Tita Cervera.

E para ver máis filmes de animación dunha calidade punteira internacionalmente: Flocos.tv. Na sección de animación ten a día de hoxe 27 maravillas de produción galega.

Amigo ourizo...

Eu son Anxo Quintana

Venres, Xaneiro 16th, 2009


A este vídeo hai que darlle saída porque vai ser do mellor que saia da campaña electoral. Non canso de velo e escarallarme á risa. EPIC WIN.
Nótese a mugre que cubre aos actores, debe ser que se supoñía que os asemblearios romanos non se lavaban (canto mal fixeron os filmes imperiais, incluído Kubrick).
Nótese, tamén, o sorrisillo que ten o Quin, que é tan consciente coma calquera de que o vídeo é unha coña de proporcións inimaxinables. Para que logo falen do Obama, nin punto de comparación.
Nótese do mesmo xeito as ansias da muller loira para berrar que ela é Anxo Quintana, claramente debido a que é todo un mito erótico para ela.
E nótese a calidade técnica e de contido que supón o vídeo. Toda a gloria para Filmanova polo vídeo a para A Navalla Suíza, perpetradores de Quin.tv.
E señores, esta xoia comeza a espallarse pola rede: facebook, no twitter, en Malmequer, en Apocalipse do Porco, en Chuza

Actualización 21/1/09: a primeira coña a raíz do vídeo:[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/U0r6VZ8R_rY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]