Audiovisual – Estercolaria http://estercolaria.blogaliza.org Eu tamén actualizo cando me peta Sat, 09 Feb 2013 11:06:06 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Xurado twitteiro do Cineuropa http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/#comments Mon, 07 Dec 2009 16:17:41 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=327 Esta lista é o que sae de xuntar todos os tweets baixo o tag cineuropa que se ían poñendo durante o festival. Saen por aquí Tawil, ifrit, carapucha, dani_elo máis un servidor. A nota media á dereita. Nótese como varía respecto á votación oficial do Cineuropa.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/12/07/xurado-twitteiro-do-cineuropa/feed/ 1
Cineuropa 15/160 http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/#comments Mon, 02 Nov 2009 21:04:24 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=311 Basicamente trátase de facer un exercicio de escoller 15 filmes que me parezan salientables do festival Cineuropa deste ano e que teña pensado ir ver. Probablemente esta anotación perda todo sentido unha vez pasado o festival, cando queda claro que os filmes destacables moitas veces saen dos descoñecidos. Ou non, xa se verá.

Indo por partes e comezando pola máis importante, a Sección Oficial:

Kynodontas

Das Weisse Band – Michael Haneke (Austria): porque gañou a Palme d’Or do festival de Cannes. Punto.

Kynodontas G. Lanthimos (Grecia): porque saíu ben parada de Cannes. Pero máis porque din dela que é un filme con argumento un tanto estraño, cun pai que enclaustra aos fillos na casa sen contacto exterior, e que resolve dun xeito algo problemático o tema do espertar sexual adolescente. Catro palabras: sexo, criada, Rocky, incesto.

Aquele Querido Mês de Agosto – Miguel Gomes (Portugal): só polo ben que fala Pawley dela.

Tres Díes Amb la FamíliaMar Coll (Catalunya): porque é unha da sección Novísimos dentro da oficial, porque é un relato de costumes e porque sempre está ben descubrir a unha directora cando comeza. Ademáis ten boa crítica, vaia iso por diante.

Elevator – G. Dorobantu, e Pescuit SportivAdrian Sitaru (Romanía): por situación, neste ano no que non hai presenza de cinema italiano nin escandinavo (salvando unha norueguesa) algo haberá que preocuparse polo cinema emerxente europeu sen ser UK e Francia, e aquí está Romanía, que nestes tempos está facendo cousas moi boas, filmes dos que se fala bastante e moito. Estas dúas pezas veñen avaladas con premios polos catro costados.

Na sección Panorama Internacional, 3 filmiños:

Mal Día para PescarÁlvaro Brechner (Uruguai): dous buscavidas e cambios bruscos no relato dos acontecementos. Comedia e drama. Ninguén fala mal dela, e vén de Uruguai, que é un sitio que trouxo cousas boas ao Cineuropa, sempre cun presuposto baixiño, o que sube o mérito.

Frozen River – Courtney Hunt (USA): desta falo con coñecemento, que xa a teño visto. Do bo que podes esperar da escea independente americana, conflito familiar, tensión e problemática social, ben contado e ben tratado, a protagonista ten un papelón. Ademáis vén avalada polo festival de Sundance, así que ten xustificación abonda.

50 Dead Man WalkingKari Skogland (UK): porque os filmes que tratan os conflitos políticos de Irlanda, por defecto son todos ben feitos, cousa que non se ve aquí coa Guerra Civil, que temos filmes a patadas que son cartos gastados. Logo dos puntos de vista de Michael Collins, En el Nombre del Padre, Bloody Sunday ou Omagh, aquí dase vida á biografía de Martin McGartland, un confidente británico que cumple a súa función ata que finalmente pasa a vida agochado fuxindo do IRA, que descubre a súa identidade.

Da sección Mundo Asia, a que mellores xoias me ten presentado:

Ddongpari (Breathless) – Yang Ik-June (Corea do Sul): un drama, unha historia da violencia. Un gángster criado en pura violencia reacciona agresivamente á sociedade que o rodea. Logo aparece unha rapaza que ten a brutalidade da súa familia gravada tamén nas costas e que é quen de entenderse co prota. E finalmente o irmán da rapaza entra no grupo mafioso do primeiro, e temos armado o filme. Non teño nada máis desta peza se non é por un palmarés amplo de festivais, pero eu espero atopar algo semellante e Chan-wook Park (Old-Boy, Sympathy for Lady Vengeance).

Tôkyô SonataKiyoshi Kurosawa (Xapón): un retrato de familia. O pai perde o traballo e ocúltao, o fillo maior apenas pisa a casa, o menor toma clases de piano ás agochadas -e dáselle ben-, e a nai non sabe como tirar para adiante. Os medios os xustos e o ensinado o necesario. O Claro de Luna de Debussy, o clímax.

A Love ExposureSion Sono (Xapón): algo ten que ter unha comedia cun argumento aparentemente xuvenil e cunha duración de 237 minutos (cousa que normalmente é un punto en contra a non ser que te chames Bergman e fagas Fanny & Alexander) para que teña tal número de boas críticas coma as que lin desta peza. En proporción, demasiadas, intrígame de veras.

Das outras seccións só recollo un filme da Conexión Buenos Aires, outro do ciclo de Takeshi Kitano e outro da Fantastique:

Synecdoche, New York – Charlie Kaufman (USA): o prota fai unha réplica de NYC a tamaño real nun almacén, ten que se un tipo curioso. Teatro. E se nas descricións que fan do filme inclúen referencia a Escher, queda todo dito.

Achilles to kame (Aquiles e a tartaruga) – Takeshi Kitano (Xapón): eternamente coñecido por ser o director de Humor Amarillo, Kitano é un xenio polifacético infravalorado no seu Xapón e non cansa de representalo nos seus filmes. Aquí: témolo nos ollo dun artista mediocre que nos ensina as glorias, absurcedes, frivolidades e mentiras do mundo da arte. A moralexa reafirmada dende o comezo é que cada un ten que persistir no que lle gusta, aínda que non sexa aclamado polos entendidos.

La NanaSebastián Silva (Chile) – filme gañador do premio do xurado World Cinema do festival de Sundance. Punto.

Esta lista de 15/160 non ten que coincidir -raro que o fixera- coa de ninguén, é a miña forma de deixar constancia do que penso antes do festival para logo comentar o que penso despois do festival e observar cambios. Cambios que espero que haxa, porque senón sería unha perda de tempo asistir ao Cineuropa. E a escudriñar o programa, que ha de haber algunhas incompatibilidades horarias, e moi probablemente deixe de ver algunhas destas -a priori-. Máis cousas: o ciclo adicado aos Beatles ten tamén moi boa pinta, pero non o considerei aquí, por non ser filmes actuais; tampouco a Noite Crebinsky ou o Concerto da sala Capitol: quedan como complementos xeitosos. Sobre todo: os dous filmes adicados a Ryuichi Sakamoto, un home que che cambia un filme só coa súa música. E a maratón, polos filmes que poñen este ano, extrapolo que o tema é o terror, pero con matices, que aí vai estar Antichrist de Lars von Trier ou un filme que choca só polo título: Lesbian Vampire Killers.

Vémonos nas salas.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/11/02/cineuropa-15160/feed/ 7
Anecdótica http://estercolaria.blogaliza.org/2009/05/14/anecdotica/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/05/14/anecdotica/#comments Thu, 14 May 2009 13:09:52 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=275 Teño que apuntar para non esquecer, e faise moi longo para explicalo no twitter. Cine, España, últimos anos do franquismo, período 1969-1973 cun xiro do réxime a un ultraconservadurismo que se aplica á censura no cinema, esténdense as ‘dobles versións’ (dúas versións dun mesmo filme, un enteiro e outro censurando todo o impúdico e o que atente aos valores da Nación, a versión censurada era para consumo interior, e a outra para exhibir no estranxeiro). Ata aí o contexto.

Pois é aquí que hai, no 1971, un filme de Rafael Moreno Alba chamado Las Melancólicas, un filme non precisamente de calidade que vai dun psiquiátrico femenino no séc. XIX. Conflito: na rodaxe hai espidos. Bastantes. Que fan no departamento estatal de cinema? Pois facer a doble versión: un filme cos espidos para mandar a USA, Canadá e Francia, e outro con todos os espidos desaparecidos (coma a pitada ao himno de España na TVE na final da Copa de El-Rey).

Agora: a desaparecida compostelana Sala Yago adquire unha copia do filme para a súa exhibición, poñamos que un 15 de maio, por exemplo. Todo normal.

Poñamos que o réxime, na súa torpeza, envía a varias salas do estado as copias non censuradas de Las Melancólicas. Entre elas a Sala Yago. Os asistentes, a pesar de ser o filme un pedrolo, quedan incriblemente satisfeitos coa proxección (recordemos que nesta época e nesta parte do mundo non se ensinaba máis alá do xeonllo: ver a varias tolas espidas e meneándose freneticamente era… cando menos impresionante).

Se a estrea foi o 15, o día 17 vai ao cine toda a comarca de Compostela e arredores. En masa. Ala.

O día 18 flétanse autobuses dende toda GZ para ir á Sala Yago de Compostela ver o filme.

En días consecutivos comeza a vir xente de Zamora, Asturias (máis alá do telón de grelos, vaia). Os xornais fanse eco de que Compostela sofre unha chegada de ‘pelegríns’ de proporcións históricas, ateigando a cidade. Todo por tetas.

E ata aí o conto. Non sei máis, hei mirar de informarme. Se algún de vós, picheleiro, ten entre 50-60 anos e se enterou de tal cousa, ou de fóra, ou coñece alguén, que me avise, que quero saber máis disto.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/05/14/anecdotica/feed/ 3
Comunicado Galiza – Romanía http://estercolaria.blogaliza.org/2009/03/09/comunicado-galiza-romania/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/03/09/comunicado-galiza-romania/#comments Mon, 09 Mar 2009 20:00:50 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=256 Achéganme este inetiquetable comunicado das hordas galegas en terras romanesas nestes duros momentos de sofrimento do país. Vía: Xacobe e Yorch.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/zZtZCqGVV0k" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/03/09/comunicado-galiza-romania/feed/ 1
Ourizo na brétema http://estercolaria.blogaliza.org/2009/02/14/ourizo-na-bretema/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/02/14/ourizo-na-bretema/#comments Sat, 14 Feb 2009 19:28:47 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=231 O ourizo na brétema de Kyiv

Centro de Kiev (Ucraína), unha mañá de xaneiro deste ano aparece da nada este ourizo, un becho de madeira sobre un tocón cunha bolsiña entre as mans e mirada de estar soñando esperto. O ourizo é un vello coñecido, moita xente viuno perdido entre a mesta brétema aínda que el non vía nin as súas gadoupas. É soviético, ten 34 anos e é o coitado protagonista dun filme animado baseado nun conto popular ruso.

A través da recomendación dunha amiga, volvo ver “Hedgehog in the fog“, curtametraxe de animación soviética de Yuriy Norshteyn datada do 1975. Non só recomendo a cada alma que vexa semellante obra, senón que vou intentar que cada quen se anime a vela por propia iniciativa. Primeiro: polos dous premios de mellor filme animado de 1976 (obsérvese que en tempos non había tantos festivais cinematográficos como agora), segundo: porque foi incluído en Tokyo no 2003 na lista dos All time animation best 150 in Japan and Worldwide (o concurso perde credibilidade pola magnitude da tarefa e polo número sorprendentemente elevado de filmes soviéticos e xaponeses incluídos, pero é un bo exercicio crítico) e no 1º posto, é dicir, sería o mellor filme animado da historia. O último motivo, e o mellor, é que Hayao Miyazaki admira ao director Norshteyn e ten o Ourizo na Brétema coma un dos seus filmes favoritos.

“Ourizo na brétema” (Ёжик в тумане), Yuriy Norshteyn 1975, URSS. 10 minutos. Subtítulos en inglés. [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dRsXU4Q6a0Q" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Basicamente a mensaxe é que o mundo é como é, pasarán cousas preciosas e terribles, así que non te preocupes, disfruta: o ourizo métese na brétema sen saber ben o que hai, pero disfruta as cousas boas coma a visión do cabalo aínda que tamén caga de medo cando lle toca. Da outra banda estaría o moucho, que é un pailaroco e non aprecia nada, o moucho non mola.

Hai que coñecer o filme, só por coñecer ao ourizo, porque só así entendemos agora a este lado de Europa a representatividade dunha estatua dun ourizo no medio dunha praza céntrica de Kiev. Como se atoparamos ao esquelete cun ollo de vidro de Castelao na Porta do Camiño en Compostela, ou algunha personaxe da fantasía de Cunqueiro no centro da Coruña. Volvín ver ao ourizo, e o google levoume a unha pequena nova en inglés da aparición da estatua. Non puiden deixar de interesarme dende ese momento, buscando respostas ao renacemento dun ourizo animado nas rúas de Kiev, salvando con moita fe a barreira lingüística (menos mal que google sabe ruso, aínda que a viaxe ruso-galego non é moi seria). Resultados: é unha homenaxe popular, dun movemento que se parece chamar Kyiv Landscape Initiative (e da que non atopei máis rastro que este foro), e ademáis, moi importante: ten un sentido crítico, porque esta xente ucraína adica o seu tempo a realizar actividades paisaxísticas cidadanas para protestar pola desaparición progresiva de árbores (mentres na capital do noso Estado, con problema semellante, o noticioso é ser famosa e encadearse a árbores, nótese a diferenza existente entre as dúas situacións, aínda encadradas as dúas no mundo da arte). A idea básica é a “extensión da vida” das árbores desaparecidas de Kiev. Cómo reivindicar ás árbores nunha cidade? Erguendo figuras de madeira e levándoas diante dos ollos da xente. O ourizo é de madeira, como tamén o era Pinocho, pero os dous teñen máis entendemento que Tita Cervera.

E para ver máis filmes de animación dunha calidade punteira internacionalmente: Flocos.tv. Na sección de animación ten a día de hoxe 27 maravillas de produción galega.

Amigo ourizo...

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/02/14/ourizo-na-bretema/feed/ 1
Eu son Anxo Quintana http://estercolaria.blogaliza.org/2009/01/16/eu-son-anxo-quintana/ http://estercolaria.blogaliza.org/2009/01/16/eu-son-anxo-quintana/#comments Fri, 16 Jan 2009 20:24:54 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=211
A este vídeo hai que darlle saída porque vai ser do mellor que saia da campaña electoral. Non canso de velo e escarallarme á risa. EPIC WIN.
Nótese a mugre que cubre aos actores, debe ser que se supoñía que os asemblearios romanos non se lavaban (canto mal fixeron os filmes imperiais, incluído Kubrick).
Nótese, tamén, o sorrisillo que ten o Quin, que é tan consciente coma calquera de que o vídeo é unha coña de proporcións inimaxinables. Para que logo falen do Obama, nin punto de comparación.
Nótese do mesmo xeito as ansias da muller loira para berrar que ela é Anxo Quintana, claramente debido a que é todo un mito erótico para ela.
E nótese a calidade técnica e de contido que supón o vídeo. Toda a gloria para Filmanova polo vídeo a para A Navalla Suíza, perpetradores de Quin.tv.
E señores, esta xoia comeza a espallarse pola rede: facebook, no twitter, en Malmequer, en Apocalipse do Porco, en Chuza

Actualización 21/1/09: a primeira coña a raíz do vídeo:[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/U0r6VZ8R_rY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2009/01/16/eu-son-anxo-quintana/feed/ 2
De Cineuropa ’08 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/12/05/de-cineuropa-08/ Fri, 05 Dec 2008 14:22:57 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=164 Saquei mellores cousas que o ano pasado. Non pisei a sección Panorama Galiza (que eran 100 filmes, pero algo hai que dicir de cómo se exiliou esta sección do resto do festival levándoa á Arteria Noroeste ou á Sede da Fundación Caixa Galicia), aínda que me pesou non ir ver Pradolongo nin ¡Maldito Bastardo!. Non vin a gañadora da sección Oficial “Hanami” (Cerdeiras en Flor), aínda que tamén quería ir vela. Non fun á maratón, aínda que prefería ter ido se puidera… (a non perder as críticas de diegoespeto da maratón en twitter). Por unhas cousas ou outras non vin varios filmes aos que dicía antes do festival que pensaba ir: “A noite que deixou de chover“, “Gomorra“, “Üç Maymum (Three Monkeys)“, “Pandoranin Kutusu (Pandora’s Box)“, “Saint-Jacques… La Mecque (Peregrinos)“, na Sección Oficial; na sección Panorama Internacional: “Waltz with Bashir (Valse con Bashir), “Leonera, “Omaret Yacoubian (O edificio Yacobián), e “Satanás (perfil de un asesino). Das outras seccións (Documental, Música, Olivier Assayas, Pablo Trapero, Guy Maddin, Fantastic Compostela…) non teño queixa, estou especialmente orgulloso de Mundo Asia, no que vin 5 dos 8 filmes asiáticos proxectados e dos cales saín feliz de todos.

Non vou comentar especialmente ningún dos filmes que si vin porque xa fixen un seguimento en 140 caracteres (que é ben difícil, por certo) de cada unha na miña conta de twitter: “JCVD“, “Entre les Murs“, “Estómago“, “Encounters at the End of the World“, “Aleksandra“, “Breath (Alento)“, “Aruitemo, Aruitemo (Still Walking)“, “Os Limoeiros“, “Die Welle (A Onda)” (segundo posto na sección oficial), “Nacido y Criado“, “With a Girl of Black Soil“, “Mongol“, “Calle Santa Fe“, “Blindness“, “Zuo Yuo (In Love We Trust)“, “Il Divo“, “Let the Right One In” e “Flammen & Citronen“. Pero de todas estas recomendo ver, encarecidamente, e por esta orde de importancia: “Die Welle”, “In Love We Trust”, “Il Divo”, “Still Walking” e “Estómago”, os cinco filmes que máis me gustaron de todo o festival (que vin).

As votacións: “Hanami” (8.3) gañou o premio do público na da Sección Oficial, e o segundo posto tamén recaeu nun filme alemán: “Die Welle” (8.2), se temos en conta que o ano pasado gañou o filme “Auf der Anderen Seite (Ao outro lado)” de Faith Akin, podemos observar que os filmes alemáns teñen un éxito indubidable no Cineuropa. Seguíndolle os pasos na Sección Oficial temos dous filmes franceses: “Il y a longtemps que je t’aime” cun 8.0, e “Comme les autres” cun 7.9. Na sección Panorama Internacional gaña Captain Abu Raed cun 8.5 seguido de Ha Buah (A burbulla) cun 8.4, o primeiro filme de orixe xordana e o segundo israelita; detrás destes títulos veñen outros filmes localizados en Oriente Próximo, así que temos que os espectadores de Cineuropa semella que empatizan cos alemáns e cos habitantes deste territorio a priori conflictivo, pero que sen embargo é un tema tocado simplemente coma paisaxe (que non evitado) da narración principal.

E ata novembro do ano que vén. A conclusión deste 2008 é positiva, se ben o Cineuropa adoece dunha organización ben feita no ámbito final do festival, o contacto co público (polo desaproveitamento das taquillas e o analfabetismo dos taquilleiros; polos cambios de programa a ultimísima hora; polos medios de reprodución: DVD`s e reprodutores que se bloquean na metade do filme.)

Deixo un vídeo co comezo do filme “Il Divo” de Paolo Sorrentino, que foi a proxeción sorpresa deste ano, sumamente impactante, e que leva a recordar a “outros” realizadores con só ver estes primeiros catro minutos.

[gv data=”FbZj2IE3slk” width=”425″ height=”350″][/gv]

]]>
Primeiras novas sobre Cineuropa ’08 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/10/20/primeiras-novas-sobre-cineuropa-08/ Mon, 20 Oct 2008 12:50:37 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/?p=67 E non parece que lle afectara moito a perda da subvención por presentar a solicitude fóra de plazo.

As primeiras novas que temos sobre o festival deste ano (e van 22) fálannos dun festival para convertir Compostela na capital do cine independente, social e de autor. O festival comeza o luns 3 de novembro cunha proxeción especial de La Buena Nueva de Helena Taberna (Yoyes) que vai dun sacerdote socialista no momento da Guerra Civil. O día seguinte, martes 2 de novembro, comeza a Sección Oficial: contando co filme vasco anterior, coñécense 11 das obras que poderemos ver no festival: comezando por A noite que deixou de chover (Luis Tosar, Mercedes Sampietro), rodado íntegramente en Compostela, e onde a cidade colle protagonismo. Entre les Murs, de Laurent Cantet, palma de Oro en Cannes. O filme basado na obra de Saramago Ensayo sobre la Ceguera, de Fernando Meirelles (Cidade de Deus). Still Walking, de Kore-eda, un drama familiar que “flúe coma o veleno”. A curiosísima JCVD, belga, onde Jean Claude Van Damme ironiza sobre a súa vida nun bio-pic. Tamén: Gomorra e Las Horas del Verano. As outras tres participantes son iberoamericanas e teñen boa pinta: o documentario mexicano Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo, a colombiana Perro Come Perro, e a arxentina Leonera, un drama que nos introduce no mundo carcelario.

O director seguido este ano vai ser o francés Olivier Assayas, ao cal só coñezo do filme Paris, Je T’aime e que aínda non atopei cal era a súa curta dentro dela. Nos vindeiros días, o festival dará a coñecer a totalidade do programa e a identidade do Premio Cineuropa desta XXII edición.

Agardaremos.

]]>
Gato vs. Impresora http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/23/gato-vs-impresora/ http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/23/gato-vs-impresora/#comments Sat, 23 Aug 2008 12:52:34 +0000 http://chascarrilloindiscriminado.blogaliza.org/?p=49 Round 1: [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/REQRHdMRimw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
En versión canina: Can vs. Impresora.

Ollo coas impresoras, que como ben sabemos, son moi falsas.

]]>
http://estercolaria.blogaliza.org/2008/08/23/gato-vs-impresora/feed/ 1
Alicia & Tim http://estercolaria.blogaliza.org/2008/07/24/alicia-tim/ Thu, 24 Jul 2008 15:04:11 +0000 http://estercolaria.blogaliza.org/2008/07/24/alicia-tim/ Tim Burton vai dirixir, en asociación coa factoría Disney, unha adaptación de “Alicia en el País de las Maravillas” (1951, Clyde Geronimi).

Curiosa combinación. Para comezar: non gusto da estética de Tim Burton, visto un dos seus filmes, vistos todos, ao principio resulta interesante, pero nas seguintes perde a gracia. O único que consigue o Burton é crear toda unha xeneración de góticos e emos que son bastante tristes. Imos á película en sí: en principio vai combinar imaxes reais con animación de captura de movemento (coma en 300 ou Sin City). Do guión ocúpase unha das guionistas da Disney (Linda Woolverton: “El Rey León“) e basearase no conto orixinal de Lewis Carroll e non no filme homónimo de 1951 de Disney, o cal me dá algún resquicio para esperar algo bo deste proxecto: o libro orixinal de Carroll é bastante escuro e retorcido por momentos, pero en 1951, pasado polo filtro da Disney, convirtiuse nun filme puritano, demasiado apegado á American Way of Life, por chamalo así. Se Tim Burton está capacitado para algo, será para recoller o libro orixinal e reflexar na pantalla o aspecto bizarro que se lle presupón ao libro, polo tanto, o resultado final debería producir nas pantallas o mesmo efecto, a través de Burton, que produciría o propio libro, a través de Carroll; este non é o mellor lugar para argumentar cousas, pero debemos pensar que as mellores adaptacións de guións ao cine, son precisamente aquelas nas que o texto orixinario sofre os cambios adecuados ao que se agarda dun bo filme.

Así as cousas, e a pesares do rexeite que me produce Tim Burton, sen dúbida conseguirá unha excelente adaptación do texto de Lewis Carroll… e xa me falta o tempo para vela…

]]>