Loukanikos, Kanellos e outros cadelos

No Guardian preséntannos unha galería de fotos dun can que leva saíndo nas reportaxes fotográficas dos disturbios de Grecia dende o ano 2008. E volveu aparecer estes días ao caso das manifas en contra do réxime de austeridade que pretenden poñerlle aos gregos pola débeda económica do país. A galería é imperdible é pódese ver aquí, eu só deixo unha foto.

Pero no Guardian pasáronse escribindo sobre o tema, e din que o bicho responde ao nome de Kanellos, cousa que resulta que non é certo, pois en Reddit (agora caído, por iso escribo isto nun post) rechelon conta a historia deste cadelo (traduzo):

“Vivo en Atenas, en Exarxeia, e este can é moi famoso e todo o mundo o alimenta e o quere. Pero chámase Louk, de Loukanikos, unha palabra que significa salchicha, porque acostumaba comer salchichas todo o tempo. Vive na rúa, non ten dono e el, xunto con outros 4-5 cans vén a todas as manifestacións en Atenas. Podes atopalo todos os días na rúa Mesollogiou, onde Alexandros Grigoropoulos, un estudante de 15 anos,  foi disparado pola policía.

Kanellos fora outro can que solía facer o mesmo, pero morreu hai dous anos e agora está soterrado por uns camaradas dentro da Universidade Politécnica en Atenas, onde tivo lugar a revolta contra o dictador, en 1973. Os membros de Indymedia Atenas solían darlle de comer. Ademais cando Kanellos foi capturado polo empregado da canceira hai 4 anos, xuntouse unha concentración de 400 persoas e liberámolo da canceira! Podes atopar a súa tumba dentro da universidade. Kanello RIP!

Estes cans viven en Exarxeia e non pertencen a ninguén. Chamámolos ”os cans do movemento” e hai varios deles, coma Roza, Dick, Ribo, Petros, Loucy. É gracioso pero son os nosos camaradas, protexémolos e alimentámolos e eles protéxennos tamén.

Aquí quedan uns vídeos do camarada Kanellos, unha lenda de Exarxeia! http://www.youtube.com/watch?v=5FTaVgqSiIkhttp://www.youtube.com/watch?v=cWk1-jMNR6k

E aí queda unha foto de Kanellos, todo pancho na universidade, sacada do seu propio grupo no Facebook:

Kanellos patriota noso contra ellos!

Sobre a situación destes cans, pola información que fun xuntando, son reais, viven nas rúas de Atenas en completa liberdade, pero están castrados e vacinados polas institucións locais, e non están faltos de cariño e de alimento porque moita xente mira por eles. Non pasa coma en Compostela, que a policía obrigou á Nieves do Berberecho a identificarse por darlle de comer a uns gatos. O caso é que os cadelos non perden unha -unha manifa-, e aparentemente sempre están do lado dos bos.

E nós que temos como constante nas nosas manifestacións? A Beiras?

Tags: , ,

One Response to “Loukanikos, Kanellos e outros cadelos”

  1. Tweets that mention Estercolaria » Arquivo do blogue » Loukanikos, Kanellos e outros cadelos -- Topsy.com Says:

    […] This post was mentioned on Twitter by Reidotoxo. Reidotoxo said: Ao final como Reddit anda de baixa, e o chisme do can merecía unha recopilación, puxen o choio no blogue e vía: http://is.gd/bYYxR […]