Yonkis do folk

Unha camisola adicada a todos eses coñecidos que gastan zapatos como quen fuma un pito, de tanto bailar nas foliadas ás que van, que son todas as que poden.

As siluetas xa estaban vectorizadas na rede, a gaita saíu dun libro, e a tipografía é a Milocha de Zezinho, que queda caralluda. O deseño en *.png e en *.svg.

Actualización 04/05/10: sustituín a figura central por unha rapaza cun bombo e subín algo as letras, de paso cambiei o modelo a rapaza e de cor, para que haxa variante. O antigo aquí, en *.png e en *.svg

Tags: , , ,

10 Responses to “Yonkis do folk”

  1. carapucha Says:

    Encántame! Podiamos facela en grupo para Ramirás! Bueno, vós facede o que queirades pero se me deixas eu fágoa para min ^^

  2. reidotoxo Says:

    #1 Ti espera a ver. Que se xuntamos xente abonda sáenos unha camisola boa (vinilo) por 6 euros aprox. Hai que falar con máis xente.

  3. Morgana Says:

    Chego tarde, pero apúntome.

  4. carapucha Says:

    Morgana, non chegas tarde que aínda non as fixemos. De feito, esta semana iremos preguntar Xacobe e eu a Sacaúntos, a ver o prezo. Reidotoxo, ti onde preguntaches?

  5. Peixiña de mar Says:

    Eu tamén quero camisola!!!! Contade comigo, porfa 🙂 (son Iria)

  6. reidotoxo Says:

    Eu sei o mesmo que Xacobe, o prezo foi o que nos deixou caer o P., pero tamén creo que se refería a un número elevado de camisolas.

    E xa que hai decisión para apañar algo: o deseño pódese retocar agora que aínda estamos a tempo; unha persoa díxome que non lle vía o xeito a que a figura do medio levara unha guitarra, a min pareceume requisito para darlle un rollo roqueiro ao tema, pero se alguén ten idea mellor -e que non me custe moito facer- cámbiase.

  7. carapucha Says:

    Mólanme os dous deseños pero creo que o bombo é máis apropiado ^^

  8. ifrit Says:

    Chego tarde? Eu apúntome tamén 🙂

  9. reidotoxo Says:

    Non chegas tarde, non, que non fixemos nada. Moito falamos pero… 😛

  10. tamara Says:

    eu quero…