Apuntes de toxos

Cousa que non sabía, cousa que poño. O toxo, ese silencioso símbolo deste país, omnipresente en todas as comarcas, resulta que non invadiu a nosa terra ante a nosa indiferencia. O toxo era un arbusto existente mais non precisamente común de todo, e foron os propios labregos galegos os que o cultivaron sistematicamente nos montes.

O motivo é puramente agrícola: o solo galego é moi acedo, ten un PH alto de máis para as prantas e cultivos así que hai que neutralizar este problema, problema que os labregos solucionaron a través do uso de algas (pouco, só na costa), cal (menos aínda) e esterco (estercar estercábase e estércase por todo o país, e aínda esterco eu nesta Estercolaria). Aquí, co esterco, é cando xoga o toxo, os labregos cultivan os montes (contra o que poida parecer, antes do século XX os montes estaban totalmente aproveitados) con estes arbustos para logo rozalos, levalo ás cortes e cos excrementos do gando argallar o esterco que será o que multiplique a produtividade das terras.

Por cada hectárea de labradío, unha familia labrega dispoñía de entre 2 a 5 hectáreas de monte só para o toxo.

Como non, sempre presente no deseño do país.

Un pequeno resumo de como actúa o toxo sería dicir que é unha leguminosa que posúe cantidades de nitróxeno e que axuda a fixalo no chan, e iso é cousa fina para o PH. Para máis datos botánicos dos que non sei moito, a botarlle un ollo á Galipedia e a Novos Medios.

E remato con orgullo este post autoferente (polo de Reidotoxo e polo de Estercolaria) do arbusto que se encargaba de manter as leiras galegas ben esplendorosas, polo menos antes da chegada dos fertilizantes químicos no séc. XX, recordando que os toxos encárganse de repoboar con velocidade pasmosa os terreos queimados pola culpa en parte dos eucaliptos, e que por se fora pouco defenden a nosa honra viaxando e conquistando entre outros lugares Australia, onde é considerado unha praga.

Tags: , ,

6 Responses to “Apuntes de toxos”

  1. Flaca_ Says:

    Moi interesante.
    Pero se este fose un blogue serio serio tería vostede á disposición da súa audiencia un busacdor que fixera mais sinxela a búsqueda de entradas vellas. Co seu temario non hai deus que atope nada.
    Quería amosarlle a miña querida Pi a súa traducción da escena da balea (que non elefante) da “Guía do…”!!
    Apertas

  2. Carapucha Says:

    O meu pai di que o que achega o toxo é nitróxeno pero que non resta acidez. Terei que buscar unha terceira opinión 😉

  3. Carapucha Says:

    Perdoa, lera mal o texto, ves a dicir o mesmo ca o meu pai. Eu, que debería saber da importancia de ler ben un texto! Como se eliminan os comentarios? 😀

  4. Reidotoxo Says:

    @Flaca_: moi fina ti. Iso estaba no Chascarrillo Indiscrimidado, importeino e suprimín categorías, non sei se estará en Audiovisual ou Alborotadores. De todas formas formas o temario está por temas, non para darlle ferramentas a cotillas. Pero vaia, dígoche que facer: vas a google e buscas ‘balea+site:estercolaria.blogaliza.org’ e listo. Apertas.
    P.S.: a anotación aquí: http://estercolaria.blogaliza.org/2008/01/12/chan/ Estaba posta na categoría Alborotadores, pero vaia, ten un tag ‘balea‘ para ela soíña. Hei de mirar de facer algo cos tags.
    P.S.2: xa coloquei unha nube de etiquetas bastante chula na columna da dereita. Non aparece ‘balea‘ por ter pouca repercusión, pero podes mirar en ‘Cinema‘.

    Carapucha: estáche ben por replicar! E non vexo necesidade ningunha de borrar nada 😀 . Apertas.
    P.S.: unha cousa que podes facer para ter control sobre toda a túa actividade en todos os blogues que funcionamos baixo Blogaliza é rexistrarte e usar o teu usuario para comentar, logo darache opción a eliminar e esas cousas. Se ademáis queres ter un avatar, no servizo de Gravatar podes asociar o mail co que comentas a unha imaxe, e os blogues que conten co servizo encárganse eles mesmos de buscar o avatar.

  5. Flaca_ Says:

    Moi ben, agradézoche a túa boa disposición para con os teus siareiros. Sobre todo é de agradecer o link directo, que era o que quería 🙂
    Creía recordar unha traducción íntegra da escena… cousas da mente misteriosa!

  6. carapucha Says:

    Pasaba de novo por aquí facendo probas 😉