Obviedades aínda non normalizadas

Atopo dúas cousas hoxe que xa compartín no Google Reader e quero sintetizar e comentar. Primeiro: unha imaxe dunha obra de Banksy na exposición Banksy versus Bristol nesta cidade, e segundo, unha nova dun matrimonio que mercou e domou -no sentido da palabra grega domus por casa- unha antiga catedral ao leste de Edinburgo.

Does anyone take this kind of art seriously?

"-Alguén toma aínda esta clase de arte en serio?". "-Nunca subestimes o poder dun grande marco dourado".

Igrexa renovada en Kyloe, Northumberland (preto de Edinburgo).

Quero salientar con isto: a arte máis contemporánea está totalmente denostada pola práctica totalidade da sociedade, xa sexa co primeiro exemplo notando a incomunicación arte-público, xa sexa co segundo exemplo recurrindo á desacralización de obras antigas asentadas obviando o actual. Pero iso xa o saben todos. Agora quero engadir, con idea, unha frase dunha entrevista do que é/fora director do CGAC durante o bipartito que governou a Xunta nestes anos, Manuel Olveira:

“Cada lugar ten as súas especificidades, pero non é tan difícil estudar un contexto. Galicia é tan internacional como calquera outro sitio. Ademais, a arte contemporánea é un sector pequeno no que case nos coñecemos todos.”

Compréndese que os camiños que guiaron/guiarán o mercado da arte nos últimos anos son incapaces de comunicarse coa xente, e aínda se vanaglorian diso, co concepto do artista superposto á relación co espectador. Quen decide quen é/son os artistas son ese sector no que se coñecen todos. Xa hai que ser parvo para chamarse artista nestes tempos. Artistas somos todos. Menos os artistas.

Paradoxicamente, Banksy acabou expoñendo nun museo, o da súa cidade natal, o cal non deixa de probar iso de coñecémonos todos, neste caso Bristol; e a igrexa remodelada conlevou uns gastos do triplo da adquisición, o cal se escapa bastante das capacidades dunha persoa traballadora normal. Polo tanto: esta anotación púidose ter chamado Seitarismos.

Nótese que escribo isto ás 4 e pico da noite dun sábado, con dúas birras e un LK no corpo, e cunha cólera descontrolada provocada pola sustracción dunha prenda de roupa moi apreciada nun local de SCQ. Excusen a dispersión e a sorna.

Tags: , ,

Unha respostaObviedades aínda non normalizadas to “”

  1. arremecaghona Di:

    Os situacionistas dicían que cada un/ha de nós debía vivir nunha catedral no futuro. Éche un pequeno paso.

Deixa unha resposta