A Pet’s Diary/twitter

Extraído do twitter dun can:

“8:00 am – Comida para cans! O que máis me gusta!
9:30 am – Unha volta en coche! O que máis me gusta!
9:40 am – Un paseo polo parque! O que máis me gusta!
10:30 am – Xogan comigo e acarícianme! O que máis me gusta!
12:00 pm – Comida! O que máis me gusta!
1:00 pm – Xogando no patio! O que máis me gusta!
3:00 pm – Facendo o paiaso co meu rabo! O que máis me gusta!
5:00 pm – Ósos de galleta! O que máis me gusta!
7:00 pm – Xogando á pelota! O que máis me gusta!
8:00 pm – Guau! Vendo a tele coa xente! O que máis me gusta!
11:00 pm – Durmindo na cama! O que máis me gusta!”

Extraído do twitter dun gato (sintetizando todos os chíos de max. 140 caracteres nun só relato):

“Día 983 do meu cautiverio. Os meus carcereiros continúan mofándose de min con pequenos obxectos bizarros e balanceantes. Eles cean carne fresca, mentres os outros reclusos máis eu somos alimentados con bazofia ou un sucedáneo de carne seca. Aínda que sempre amosei claramente o meu desprezo polas racións, sen embargo, debo comer algo para poder manterme en forma. A única cousa que me permite seguir adiante é o meu desexo de fuxir de aquí. Nun intento por disgustalos, vomitei outra vez na alfombra.

Hoxe decapitei un rato e depositei o seu corpo sen cabeza ante os seus pés. Esperaba que iso os levara a ter medo, xa que lles demostraba o que era quen de facer. Sen embargo, só fixeron comentarios condescendentes sobre “o bo cazador” que son. Houbo algún tipo de reunión cos seus cómplices esta noite. Fun apartado a un confinamento solitario mentres durou o evento. Aínda así, puiden oír os ruídos e cheirar a comida. Cheguei a escoitar que o meu confinamento debíase a “alerxias”. Teño que aprender o que significa isto para ver de utilizalo para os meus intereses.

Hoxe case teño éxito no meu intento de asasinar un dos meus captores movéndome entre as súas pernas mentres camiñaba. Voltarei intentalo mañá, pero no alto das escaleiras. Estou convencido de que os outros prisioneiros de aquí son vendidos ou chivatos. O can recibe privilexios especiais. É regularmente posto en liberdade, e semella que está máis que impaciente por regresar aquí. Obviamente é un retrasado. O paxaro ten que ser un informante. Obsérvoo comunicarse con gardas con regularidade. Teño a certeza de que informa de cada movemento meu. Os meus captores estableceron unha custodia moi protectiva con el, colocándoo nunha cela elevada, polo que está a salvo. Por agora…”

Tags: ,

3 Responses to “A Pet’s Diary/twitter”

  1. reidotoxo Says:

    Este conto xa é vello, debe levar un par de anos circulando como mail como “A Pet’s Diary”, e logo reconvertido para incluír o guiño a twitter. O caso é que eu non batera con el ata hoxe, e ademáis non o atopei en ningures en galego (ou outro idioma que non sexa inglés, aínda que non me matei a buscalo), así que decidinme a traducilo. Estamos moi preto do Solsticio de Inverno (a.k.a. Nadal) e non vexo necesario xustificarme por poñer cousas vellas, cando nesta época o que máis se ve son recopilatorios de cousas que xa pasaron este ano. Aí queda.

  2. Jacobe Varela Says:

    Non fai falta que te xustifiques, é divertido e está ben traducido.
    Fixéchelo ben toxo, e iso é o que importa.
    Un biquinho por causa do solsticio de inverno!!

  3. Carapucha Says:

    Ese gato é coma Stewie Griffin!