Primeiras novas sobre Cineuropa ’08

E non parece que lle afectara moito a perda da subvención por presentar a solicitude fóra de plazo.

As primeiras novas que temos sobre o festival deste ano (e van 22) fálannos dun festival para convertir Compostela na capital do cine independente, social e de autor. O festival comeza o luns 3 de novembro cunha proxeción especial de La Buena Nueva de Helena Taberna (Yoyes) que vai dun sacerdote socialista no momento da Guerra Civil. O día seguinte, martes 2 de novembro, comeza a Sección Oficial: contando co filme vasco anterior, coñécense 11 das obras que poderemos ver no festival: comezando por A noite que deixou de chover (Luis Tosar, Mercedes Sampietro), rodado íntegramente en Compostela, e onde a cidade colle protagonismo. Entre les Murs, de Laurent Cantet, palma de Oro en Cannes. O filme basado na obra de Saramago Ensayo sobre la Ceguera, de Fernando Meirelles (Cidade de Deus). Still Walking, de Kore-eda, un drama familiar que “flúe coma o veleno”. A curiosísima JCVD, belga, onde Jean Claude Van Damme ironiza sobre a súa vida nun bio-pic. Tamén: Gomorra e Las Horas del Verano. As outras tres participantes son iberoamericanas e teñen boa pinta: o documentario mexicano Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo, a colombiana Perro Come Perro, e a arxentina Leonera, un drama que nos introduce no mundo carcelario.

O director seguido este ano vai ser o francés Olivier Assayas, ao cal só coñezo do filme Paris, Je T’aime e que aínda non atopei cal era a súa curta dentro dela. Nos vindeiros días, o festival dará a coñecer a totalidade do programa e a identidade do Premio Cineuropa desta XXII edición.

Agardaremos.

Tags: , , ,

Comments are closed.